Por Galicia Confidencial | Santiago | 20/11/2011 | Actualizada ás 20:21
20:55 horas
Tamén a enquisa de Demoscopia para Radio Galega apunta a que a fronte nacionalista volvería a contar con Francisco Jorquera (A Coruña) e Olaia Sánchez Dávila (Pontevedra). O PSOE perdería entre tres ou catro deputados en Galicia, caendo até 12 puntos, escanos que gañaría os 'populares'. O deputado máis disputado parece ser o último na provincia da Coruña, polo que pelexan PP e PSOE.
Por provincias, na Coruña o PP sacaría entre 4-5 deputados, o PSOE 2 ou 3, e o BNG 1; en Lugo, o PP obtería 3 deputados, o PSOE 1, e o BNG 0; en Ourense, o PP lograría 3, o PSOE 1, e o BNG 0; e en Pontevedra o PP sacaría 4 deputados, o PSOE 2 e o BNG 1.
Primeiras reaccións aos sondeos
O secretario xeral do PPdeG, Alfonso Rueda, xa se congratulou publicamente pola vitoria do PP en Galicia pois "parece ser que o PP vai ter unha maioría de abondo para poder gobernar". En Madrid, tamén Ana Mato, voceira dos conservadores, asegurou que as enquisas propias do partido tamén lles outorgan a vitoria.
Montse Pardo, responsábel de organización do Bloque, negouse polo de agora a valorar os adiantos porque "as enquisas enquisas son". Con todo, a nacionalista lanzou unha mensaxe de "optimismo e espera" de cara aos resultados definitivos.
Pablo García, número dous do PSdeG, destacou as malas circunstancias nas que, a súa opinión, acudiu o seu partido as estas eleccións. García negouse a valorar as enquisas porque "non ten sentido facelo a media hora de ter resultados".
A participación caeu tres puntos en España dende 2008 nunha xornada electoral sen incidentes. O País Vasco foi a única autonomía na que subiu a participación. Murcía é a autonomía con máis votantes, ate o 63%.
O Ministerio de Interior prevé dar os primeiros resultados baseados en recontos a partir das dez da tarde. Con todo, a web oficial está caída nestes momentos.
REPARTO DE DEPUTADOS EN 2008
A Coruña
Pontevedra
Ourense
Lugo
Votos | % válidos | % censo | Deputados | |
P.P. | 809879 | 43,86% | 30,69% | 11 |
PSdeG-PSOE | 750492 | 40,64% | 28,44% | 10 |
B.N.G. | 212543 | 11,51% | 8,05% | 2 |
EU-IU | 25308 | 1,37% | 0,96% | 0 |
UPyD | 10110 | 0,55% | 0,38% | 0 |
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.