Dous feridos en Verín por unha colisión entre dous vehículos

Os bombeiros excarceraron a unha das dúas persoas que resultaron feridas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/03/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

Os bombeiros excarceraron a un das dúas persoas que resultaron feridas nun accidente de circulación entre dous coches rexistrado na mañá deste sábado no termo municipal de Verín (Ourense).

O sinistro tivo lugar ás 11,30 horas deste sábado na estrada OU-113 á altura de Caldeliñas, en Vilamaior do Val, onde dous turismos impactaron de maneira fronto lateral.

Alertados os servizos de emerxencia, unha dotación dos bombeiros de Verín desprazouse ao lugar do accidente. Alí, procederon á excarceración dunha das vítimas, unha muller que quedara atrapada no interior dun dos vehículos implicados.

Unha vez liberada, os dous feridos foron trasladados ao hospital por unha ambulancia de Urxencias Sanitarias 061.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Archivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta