A Xunta sobre a perda do galego entre os máis novos: "Queremos saber por que non falan galego"

Financia un convenio co ILGA para estudar como cambia o uso do galego na mocidade.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/04/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

"Queremos saber porque os máis novos, que entenden o galego, non o usan". Así defendeu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo a autorización por parte do Consello da Xunta dun convenio coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) para continuar coas investigacións do Instituto da Lingua Galega (ILG) entre os anos 2019 e 2020, entre as que se encadra un estudo sobre como cambia o uso do galego entre a xente nova.

Este acordo posibilitará investigar sobre a competencia e o cambio lingüístico en tres liñas: a análise da competencia escrita en lingua galega entre alumnos de 2º de Bacharelato, o contacto da mocidade coa lingua e o mantemento e transmisión do idioma nas familias.

Ademais, o convenio permitirá continuar coa edición e publicación de materiais lexicales recolleitos para elaborar o 'Atlas Lingüístico Galego'. Paralelo a todo iso, con este acordo concluirase a edición da colección documental do mosteiro de Santa María de Oia (Pontevedra) e realizarase unha edición interpretativa e un inventario toponímico das 'Memorias do Arcebispado de Santiago', escritas polo cóengo Jerónimo do Hoyo no ano 1067.

En total, o convenio supón un importe de 412,680 euros, dos cales a Administración autonómica achegará 240.000 euros.

Aula de Bacharelato
Aula de Bacharelato | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 uu1

Mais uma, mesmo que me chamem pesado. Mais de 400 euros para conhecer que? Que só o 25% dos menores de 15 anos falam galego (datos do 2013)? Que os motivos começam coa perda na transmissão inter-geracional e continuam coa presença do nosso idioma na vida cotia: no cinema 100% castelhano, nos jornais em papel 100% castelhano, na televisão TDT, 30 canais em castelhano e 2 em galego, nas plataformas digitais 100% em castelhano, 3 canais na TDT 24 horas para crianças 0 em galego, jornais digitais, 80% castelhano e 20% galego, no ensino não universitário máximo em galego 33%, castelhano até o 100%, no ensino universitário 89% castelhano, videojogos, aplicações moveis, revistas todo em castelhano. Quando percebemos que temos que aproveitar os recursos disponíveis no português do Brasil!

4 Facelo parvo

Porque é perseguido e denegrido por eles!!

3 Pitito

Que atrevida é a ignorancia

2 Riolo

El gallego está condenado a muerte desde que hace años se unió a la imposición, el fanatismo y partidos que hacen el trabajo sucio a Bildu-ETA. Lo que resta es un simple negocio para unos cuantos vividores do galego.

1 PIRA

..."para evitar que vuelvan a usarlo", añadió con gesto de preocupación mientras consultaba el horario del vuelo a Madrid.