Lenin dicía que: “A democracia burguesa serve para que cada catro anos se cambie de dictador¨. Non estaba errado. Un presidente da ditadura burguesa. Aínda que tamén sinalaba a importancia de participar dos procesos electorais, para denunciar ao propio sistema.
Tamén Stalin valoraba a participación electoral no marco da loita de clases. Ante esta situación e facerlle caso aos clásicos, debemos de participar deste circo. Sabendo de antemán do que se trata. O parlamentarismo non fará ningunha revolución.
Como militante político debo de sinalar o meu voto. Non é fácil facelo. Se tivese que definilo desde a miña ideoloxía, tería que apoiar a candidatura do Partido Comunista dos Traballadores. Si a decisión fose simplemente política e pensando nos intereses de Galiza, nas tres eleccións votaría pola candidatura de BNG.
Malia os meus matices políticos, o BNG sigue sendo a forza -no marco do sistema- máis coherente, mantén o seu ADN de esquerdas e unha posición patriótica. Malia esta definición sigo meditando que facer. Seguramente me definire cando estea ante as urnas. Non sei si votar polo meu instinto político ou pola miña eterna ideoloxía.
Igualmente as dúas posicións son importantes. Recoméndoas.