Máis de 58.000 galegos solicitaron o voto por correo para as eleccións xerais

Na provincia da Coruña entregáronse 23.263 solicitudes, mentres que en Pontevedra foron 19.106, en Lugo 8.262 e en Ourense 8.115.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/04/2019 | Actualizada ás 16:16

Comparte esta noticia

Correos entregou nas delegacións da Oficina do Censo Electoral en Galicia 58.746 solicitudes de voto por correo para as eleccións xerais do próximo 28 de abril, cantidade á que se sumarán as que se admitan este xoves, último día para solicitalo.

Voto por correo.
Voto por correo.

En concreto, segundo os datos facilitados por Correos, na provincia da Coruña entregáronse 23.263 solicitudes, mentres que en Pontevedra foron 19.106, en Lugo 8.262 e en Ourense 8.115.

A nivel estatal, Correos xestionou 1.310.706 solicitudes de voto por correo para as eleccións xerais e autonómicas valencianas do próximo 28 de abril, das que, ata o día de onte, foron entregadas 1.230.016 solicitudes nas Delegacións Provinciais da Oficina do Censo Electoral.

Andalucía, con 214.328 peticións xestionadas; Madrid, con 194.129, e Comunidade Valenciana, con 175.466, son as comunidades autónomas onde se rexistrou o maior número de peticións.

Pola súa banda, as provincias nas que o número de solicitudes de voto por correo rexistradas supón unha maior porcentaxe sobre o seu censo electoral son Áraba (13,17%), Xaén (7,37%) e Valencia (6,31%).

Correos reforzou o seu persoal con 4.500 contratos para xestionar o voto por correspondencia,.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta