Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2019 | Actualizada ás 14:36
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, apelou aos mozos a votar con "rebeldía" e con "ilusión" para conseguir que Galicia "teña voz propia en Madrid" e instoulles a "non deixarse levar pola cantilena do voto útil", ante uns partidos estatais que "só" se acordan dos galegos para pedir o voto en eleccións.
Ana Pontón achegouse neste mércores de campaña a un piso de estudantes universitarios en Santiago, para coñecer as súas demandas e escoitar as súas preocupacións. Estivo acompañada do candidato do BNG ao Congreso, Néstor Rego e a candidata ás municipais na cidade, Goretti Sanmartin.
Pontón animou aos mozos a votar "con ilusión" para devolver "unha voz a Galicia nun momento clave", consciente de que existe "un voto rebelde que non se vai a deixar levar pola política do medo, con moita xente nova que quere votar con ilusión e convicción e coa cabeza e o corazón neste país", porque "hai moito que gañar" se se confía nas "forzas e posibilidades" da comunidade galega.
Pontón transmitiu o seu compromiso cos mozos "que son o presente, participando e decidindo para pór en marcha o futuro do país" e pediulles votar "con rebeldía" e "non deixarse levar pola cantilena do voto útil" que supón "conformarse co mal menor", pero tamén a "non deixarse levar polo medo e a crispación" da dereita.
Unha "mocidade crítica, comprometida, que quere pelexar por un futuro digno no seu país" reflicte tamén as políticas do BNG, ha señlalado, porque "Galicia é un país que para darlle oportunidades á xente nova necesita cambios" para evitar "un futuro laboral en precario" ou "fóra" da súa comunidade, con máis bolsas e maior peso da renda "para que unha filla dun agricultor teña as mesmas oportunidades que a dun empresario".
Pontón mostrouse convencida de que "a forza da mocidade galega" deixarase sentir nunhas eleccións do 28 de abril que serán unha "oportunidade" para que "as cousas cambien a mellor" se se "opta por ter voz propia".
"Quen mellor que unha forza política propia para defender os intereses de Galicia", remarcou Pontón, para quen esta lexislatura demostrou que "as forzas estatais pasaron olímpicamente dos problemas dos galegos" e que "só veñen en campaña a pedir o voto con promesas e máis promesas" pero "sen solucións á hora da verdade", ante temas como a precariedade laboral ou os "prezos fóra de lugar do transporte".
DEBATE, "VERSIÓN MACARRA" DE "MACHOS ALFA" QUE "PASAN DE GALICIA"
Precisamente, Ana Pontón valorou que o segundo debate televisivo entre os candidatos de PSOE, PP, Podemos e Cs foi unha "versión macarra" do día anterior, cos "machas alfa da política" utilizando "a violencia de xénero como un pim pam pum" e "mostrando que non son alternativa nin solución" para os problemas dos galegos.
Pontón incidiu en que no debate do martes de falou de Cataluña, País Vasco e Andalucía, do financiamento de Valencia, dos problemas do tren de Estremadura, dos de Canarias e Baleares.
En cambio, censurou que "non houbo nin unha soa palabra para Galicia", a pesar de que en dez anos "emigraron máis de 100.000 mozos, do atraso histórico nas infraestruturas" ou do risco de perda de postos nas electrointensivas.
"Neste debate, quen máis gañamos fomos o BNG, que representamos alternativa ás forzas estatais e fronte aos machos alfa da política que pasan de Galicia" e que "mostran paternalismo coas mulleres, que non somos nais e esposas e non necesitamos esa tutelaxe", concluíu.
Pola súa banda, Goretti Sanmartín puxo en valor a reunión cos mozos como exemplo de "a súa política de proximidade" para coñecer as preocupacións dos mozos, mentres que Néstor Rego reivindicou que "se confirma que hai unha mocidade sensible ao que sucede, preocupada polo país e pola falta de expectativas laborais".
E os participantes no encontro escoitaron as propostas como mostra de que "é unha falacia que os mozos non estean activos" senón que "falta que os partidos se achegar e expliquen de preto a política", en palabras de Marcos Montiel. Maite Fernández, pola súa banda, resaltou que "é imposible sentirse ao 100% representado" por un partido pero "que mellor que un partido propiamente galego para mirar para os intereses dos galegos".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.