Feijóo acusa ao Goberno de non ter adiantado a sinatura das fragatas para "poder cortar chapa" en 2019

"O único que fixo o goberno foi asinar un papel onte dicindo que se autoriza", censurou para asegurar que xa estaban aprobadas nos orzamentos para o ano 2018.

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 24/04/2019 | Actualizada ás 15:31

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou ao Goberno central a explicar por que non adiantou a sinaturas das cinco fragatas F-110 que se construirán nos estaleiros galegos de Navantia para que se puidese "cortar chapa en 2019".

Así se pronunciou o máximo mandatario autonómico ao ser preguntado este mércores pola firma entre o Ministerio de Defensa e Navantia do contrato para a construción destes buques para a Armada española. "Non aclara todas as dúbidas porque me preocupa que un goberno tardase dez meses en asinar un papel e preocúpame saber que, neste momento, os traballos para empezar a cortar chapa aínda se van prolongar durante moito tempo", manifestou.

E é que, conforme sinalou, as empresas auxiliares de Ferrol trasladan á Xunta que "non van ter traballo nin en 2019 nin en 2020" e que "vai haber moita xente que se vai a ir ao paro como consecuencia de que as fragatas non empezarán ata finais do ano 2021 ou 2022".

Por tanto, considerou que os galegos se merecen "unha explicación" de por que durante este dez últimos meses "non se adiantaron todos os traballos para poder cortar chapa en 2019". "O único que fixo o goberno foi asinar un papel onte dicindo que se autoriza", censurou para asegurar que xa estaban aprobadas nos orzamentos para o ano 2018.

Alberto Núñez Feijóo
Alberto Núñez Feijóo | Fonte: Arquivo Galicia Confidencial

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta