Temas: MOCIDADE TIC XUNTA

A Xunta anuncia investimentos en novas tecnoloxías e prácticas laborais no estranxeiro

Tamén aprobou a ampliación do plan director de seguridade TIC, que se estende ata o ano 2021.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/04/2019 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

O Goberno galego autorizou este xoves un investimento de 2 millóns de euros para unha nova edición do programa 'Galeuropa', a través do cal entre 350 e 400 mozos de 18 a 29 anos que non traballen nin estuden poidan realizar prácticas formativas en países da Unión Europea, incluído o Reino Unido.

En concreto, segundo explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tras a reunión co seu Executivo, o obxectivo é que estas persoas, a través dunha estancia de dúas ou tres meses en empresas de estados comunitarios, adquiran experiencia que lles permita atopar traballo en Galicia. Neste sentido, o líder autonómico asegurou que o 70 por cento dos participantes neste programa estaban no paro, de modo que ao acabalas tan só estaban nesta situación o 23 por cento.

A través de 'Galeuropa', a Xunta outorga aos beneficiarios unha media de 3.300 euros, xa que esta contía varía en función do país de acollida e da súa duración. Ademais, o 80 por cento da subvención outórgase antes de iniciar as prácticas.

INVESTIGACIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO

Por outra banda, o Goberno galego aprobou este xoves unha nova convocatoria de axudas, cunha contía máxima de 150.000 euros, para financiar proxectos de investigación nas universidades galegas en materia de cooperación para o desenvolvemento.

As entidades beneficiarias serán as universidades galegas, aínda que tamén se poderán beneficiar as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento (ONGD) e outros axentes se se presentan de forma conxunta coas universidades. A contía máxima da subvención será de 15.000 euros en caso dun investigador individual que presente un proxecto de investigación, e ascenderá a 30.000 euros para grupos xa creados e a 35.000 euros para constituílos.

Núñez Feijóo
Núñez Feijóo | Fonte: E.P.

TIC

O Consello da Xunta aprobou a ampliación do plan director de seguridade TIC, que se estende ata o ano 2021 incrementando o seu investimento nuns 4,5 millóns. Este plan iniciouse en 2015 co obxectivo de "consolidar unha xestión de seguridade transversal" en todos os organismos da Xunta, aumentando a súa capacidade de prevención e resposta ante incidentes de ciberseguridade.

No seu primeiros catro anos de vixencia, ata 2018, investíronse 6,4 millóns de euros nas diferentes actuacións desta iniciativa. Así, impulsaranse novas medidas de ámbito formativo, normativo organizativo e de protección para garantir a seguridade dos sistemas TIC.

Deste xeito, completaranse as accións con formación especializada e capacitación específica para os delegados de protección de datos, campañas de concienciación nesta materia, e impulsarase unha ferramenta para a xestión integral de todo o relacionado coa Regulación xeral de protección de datos.

Temas: MOCIDADE TIC XUNTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta