Os taxistas de Ourense contarán cunha aplicación para alertar de feitos delituosos

Permite interactuar coa policía mediante mensaxes de texto, e sen necesidade de falar ou escoitar.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/04/2019 | Actualizada ás 12:24

Comparte esta noticia

A Policía Nacional presentou a aplicación Alertcops á Asociación Provincial de Taxistas de Ourense, un colectivo "de especial preocupación".

Os representantes da Comisaría Provincial de Policía de Ourense expuxeron recentemente o funcionamento desta aplicación á Asociación Provincial de Taxistas, co fin de "expor e ofrecer apoio sobre calquera inquietude", tal e como di a propia Comisaría nun comunicado.

Esta aplicación permitirá que tanto os taxistas como calquera cidadán, xa sexa español ou estranxeiro, poida comunicar ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado unha alerta sobre un acto delituoso ou incidencia de seguridade.

Na reunión tamén se mencionou a especial utilidade que ten para as persoas xordas, xa que "permite interactuar coa policía mediante mensaxes de texto, e sen necesidade de falar ou escoitar".

Taxi
Taxi | Fonte: E.P.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta