Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/04/2019 | Actualizada ás 19:05
Un home de avanzada idade faleceu mentres realizaba unha queima na parroquia do Ribeiro, no municipio ourensán de Bande.
O corpo foi achado por brigadas forestais da Xunta, cando se dirixían a extinguir un lume iniciado sobre as 15.30 horas no lugar.
Segundo trasladaron fontes da investigación, a vítima tratábase de Manuel. R .D., duns 72 anos de idade. O falecido atopábase no lugar realizando unha queima autorizada, xunto ao seu cuñado, que comezou a estenderse.
Mentres tentaban a sufocar as chamas, o home caeu e queimouse, e a Garda Civil está a investigar o caso. O lume quedou totalmente extinguido ás 16.50 horas, afectando a unhas 0,7 hectáreas de raso.
Trátase da segunda persoa que falece por queimas no mesmo municipio nos últimos meses. A mediados de febreiro, un veciño da zona localizara o corpo queimado dunha muller de 83 anos na aldea de Güin, que se marchou a unha leira da súa propiedade a realizar unha queima.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.