Suspendida a declaración do responsable de Minas da Xunta por prevaricación ambiental

A súa defensa recorre a instrución ao considerar que o prazo para pedir a prórroga concluíra. Verdagaia, que exerce de acusación particular, rexeita esta estratexia da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/05/2019 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O xulgado de instrución número 2 de Noia (A Coruña) suspendeu a declaración do responsable de Minas do Goberno galego, Ángel Bernardo Tahoces, citado como investigado por un suposto delito de prevaricación ambiental en relación coa explotación mineira de San Finx, en Lousame.

O letrado da Xunta presentou un escrito co que solicitou a suspensión da comparecencia de Tahoces para ter máis tempo para examinar as actuacións, dado que son voluminosas, segundo informaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Fiscalía non se opuxo e a xuíza aceptouno. Tampouco se mostrou contraria a acusación particular, que exerce Verdegaia, ao entender oportuno que a defensa do imputado teña máis tempo para estudar a causa.

Ademais, segundo fontes consultadas por Europa Press, o avogado de Tahoces interpuxo un recurso de reforma contra a investigación, ao considerar que o prazo da instrución concluíu e a prórroga pediuse fóra de tempo.

IMPUGNADO O RECURSO

Este extremo si foi impugnado pola acusación particular. As fontes consultadas estiman que será cando o xuíz resolva sobre esa demanda cando decidirá ou ben arquivar a causa ou ben seguir adiante con ela e fixar unha nova data para a declaración.

O caso de San Finx se retrotrae a unha denuncia de Verdegaia ante o fiscal de Medio Ambiente, que realizou as súas dilixencias preliminares e, ao ver indicios de criminalidade, interpuxo a súa propia denuncia ante o xulgado. Despois, a asociación ecoloxista personouse como acusación particular.

A pesar de recibir a citación con anterioridade, o letrado da Xunta, en representación de Tahoces, non se personou na causa ata poucos días antes deste 2 de maio, de aí o escrito solicitando a suspensión para poder instruírse no que se lle imputa. A causa, declarada complexa, levou a entrada de axentes da Garda Civil na mina e tamén a realización dun informe por un perito xudicial.

Benardo Tahoces, director xeral de Minas da Xunta  XUNTA
Benardo Tahoces, director xeral de Minas da Xunta XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta