Un xulgado condena a empresa dirixida pola irmá de Feijóo por impedir conciliar a vida laboral e familiar a unha traballadora

Tras ser rexeitada a súa petición, a sentenza agora condena a compañía a cambiala da quenda nocturna á diúrna e a indemnizala con máis de 3.000 euros.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 03/05/2019 | Actualizada ás 19:05

Comparte esta noticia

O Xulgado do Social número 1 de Ourense condenou á empresa de limpeza Eulen —cuxa directora na zona noroeste é Micaela Núñez Feijóo, irmá do presidente da Xunta— a permitir que unha das súas empregadas, que pedira un cambio de horario para pasar de traballar de noite a facelo durante o día, se acolla á súa solicitude para poder conciliar a súa vida laboral e familiar.

Micaela Feijóo saúda ao seu irmán tras a victoria electoral de 2009
Micaela Feijóo saúda ao seu irmán tras a victoria electoral de 2009

Tal como sinala a sentenza, a demandante, que ten dous fillos nados en 2012 e 2018, solicitou o pasado mes de decembro realizar a súa xornada en horario de 11,30 horas a 19,30 horas no canto de entre as 20,30 horas e as 04,30 horas "por razóns familiares", ao entender que había unha vacante nesa quenda que solicitaba.

Tras serlle rexeitada dita petición, a traballadora solicitou ao xulgado "que se aclarase o seu dereito por razóns familiares" a realizar a súa xornada en horario de día.

Así mesmo, a denunciante pedía unha indemnización de 6.251 euros en concepto de dano moral pola "discriminación" sufrida ao non acceder a demandada a ofertar o cambio.

Desta maneira, o xulgado ourensán estimou en parte a demanda formulada e declarou "o dereito da actora a prestar os seus servizos en horario de 11,30 horas a 19,30 horas, condenando á empresa demandada a estar e a pasar por esta declaración, así como a que lle abone unha indemnización de 3.126 euros". A pesar diso, a esta sentenza cabe impor recurso de Suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

SANCIÓN ECONÓMICA

Pola súa banda, a Secretaría dás Mulleres da Confederación Intersindical Galega (CIG) na comarca de Ourense celebrou a sentenza, así como "que vaia acompañada dunha sanción económica", xa que, ao seu xuízo, "moitas empresas farán algo máis de caso e permitiranlle ás mulleres conciliar ou, polo menos, pensarán antes de pór impedimentos".

"Aínda que a lei reflicte unha cousa, como é o dereito a adaptar a duración e a distribución da xornada de traballo para facer efectivo o dereito á conciliación da vida persoal , familiar e laboral nos termos previstos na negociación colectiva ou no acordo ao que se chegue coa empresa, segue habendo a día de hoxe empresas que fan caso omiso á lei e non permiten conciliar", lamentaron desde a organización sindical.

Así mesmo, lamentaron que Eulen "non é unha pequena empresa local", senón unha compañía que "presta servizos de limpeza, de seguridade e de traballo temporal, a nivel estatal".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Aba Den deux points

A unha muller hoxe, en Galicia, con DOUS FILLOS, non había que cambiala de quenda só, había que cambiala de quenda e facerlle un monumento, e máis na provincia de Ourense.