Novo ano

Mariano Rajoy debuxou no seu discurso de investidura as liñas maestras da súa acción de goberno sustentadas sobre catro grandes piares: a estabilidade orzamentaria, a reestructuración bancaria, o crecemento económico e as reformas estructurais. Todo encamiñado a acadar un obxectivo claro que non é outro que solventar o problema do desemprego.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 07/01/2012

Comparte esta noticia
E ó tempo que establecía as grandes liñas de actuación do novo goberno, sempre sustentadas sobre o sentido común, a eficiencia e a verdade, da que por cento tan escasos estivemos nos últimos anos, ofrecía diálogo. 
 
O consenso, pese a ampla maioría que respalda ó executivo do Partido Popular, é imprescindible (ademais do máis axeitado) para levar a bo termino as profundas reformas que debemos acometer dentro deste proxecto global para a recuperación da nosa competitividade, do noso crecemento económico. O fin último, común en definitiva, que todos anhelamos. 
 
Non negou Rajoy (non o fixo en campaña e menos aínda agora dende a súa responsabilidade coma presidente) que a senda que nos agarda será dura. Corroborouno recentemente o ministro de Economía e Competitividade Luis de Guindos que, coa verdade por diante e aínda sen coñecer en profundidade a realidade das contas deste país, augurou para a nosa economía neste ano que acabamos de encetar un novo período de desacelaración. No consello de ministros do pasado venres tamén se deron os primeiros pasos do paquete de medidas que terán que encamiñarnos hacia a senda da recuperación.
 
Os sacrificios son sempre ingratos pero, dadas as circunstancias, non hai alternativa se queremos remontar a penosa situación na que nos atopamos. 
 
En definitiva, o goberno de Rajoy (exento por certo de todo tipo de cotas en aras de enfocar a súa acción única e directamente a solventar os problemas deste país, principiando polo paro), quédalle un amplo cometido que, sen demora, como así anunciara, empezou a aplicar. 
 
Dende logo, dado que estamos estreando ano, non pretendo asustar a niguén, pero todos (creo que xa dende hai tempo) temos claro que veñen tempos que requiren apretar o cinto. 
 
Algunhas das medidas adoptadas no consello de ministros do venres incididon na austeridade, unha austeridade que, para ser eficaz, non nos enganemos, debe aplicarse a todos os niveis. Tamén en eso o novo goberno deu exemplo, xa sabemos que medidas ailladas non contribúen, en si mesmas, a solucionar nada, incluso acaban por ser contraproducentes. 
 
Retomo a idea, non estamos no contexto económico máis desexable pero estou convencido de que é posible cambiar a tendencia; e para asegurarnos o éxito é imprescindible que todos rememos na mesma dirección. 
 
O 2012 é, en denitiva, un ano para recuperar a confianza, a ilusión e sobre todo para manter a esperanza. E creo que un bo punto de partida para deixarse levar polo optimismo e ter confiado en Mariano Rajoy.
 
Feliz ano a todos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog