Protesta en Pontevedra contra o peche de camas nos hospitais públicos

Os manifestantes dixeron "non á política de recorte de dereitos" dos pacientes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/05/2019 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

A III Marcha contra o peche de camas nos hospitais públicos de Pontevedra dixo "non" este venres á "política de recorte de dereitos".

III Marcha contra o peche de camas nos hospitais públicos de Pontevedra
III Marcha contra o peche de camas nos hospitais públicos de Pontevedra | Fonte: Marea Pontevedra.

Tras saír desde a praza do Concello, os participantes leron un manifesto que subliña a súa oposición ao peche de camas e a que se "siga avanzando" na "deterioración asistencial" da atención primaria.

"Non ás malas condicións laborais dos nosos compañeiros e traballadores da PAC. Non á precariedade laboral que sufrimos os profesionais", dixeron.

Neste sentido, proseguen mostrando o seu rexeitamento aos "servizos saturados" e "espazos abarrotados" e remarcaron a súa defensa dos dereitos dos pacientes e usuarios e dunha sanidade "de calidade, digna, pública e gratuíta".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta