Por Galicia Confidencial | VIGO | 16/05/2019 | Actualizada ás 03:00
CITIX é o único barómetro a nivel nacional que analiza a experiencia dos cidadáns na xestión municipal. O obxectivo de CITIX é coñecer cal é o grao de satisfacción dos cidadáns con respecto á xestión municipal, ós servizo públicos e á transparencia do concello. Para iso, realizáronse en 2018 máis de 30.000 entrevistas e posúe información de 1.300 localidades en todo o territorio nacional.
En CITIX vaise aínda máis alá, non basta só con ofrecer uns resultados, senón que a opinión dos cidadáns se analiza dende distintas perspectivas e isto failles gañar credibilidade. Así, compararon a satisfacción existente dependendo da inversión realizada por parte dos concellos. Deste modo pódese comprender que a satisfacción cidadá é máis elevada onde se fixo unha inversión por habitante maior, dando unha media de 6,34 puntos, superando así a outros municipios que realizaron unha inversión menor, que contan con 5,68.
Unicamente mediante esta análise puidéronse comprobar as prácticas que merecen máis a pena. A maioría dos municipios aproxímanse á inversión e á satisfacción, pero algúns destacan polo seu bo ou mal posicionamento.
Os concellos de Gijón e Vigo están entre os que realizaron unhas boas prácticas na súa xestión, debido a que se optimizaron os recursos, aínda que non foron os que máis invertiron por cidadán.
As análises tamén demostraron que é necesario que existan políticas de emprego activo dispoñibles nestas localidades. ¿O motivo? Que existe unha clara relación entre a satisfacción da xestión e a taxa de desemprego.
Deste modo, desde CITIX queren deixar claro que unha boa xestión de recursos, sempre e cando se cubran as necesidades dos cidadáns, pode marcar a diferencia.
CITIX & STIGA
STIGA unha consultora con máis de 25 anos de experiencia no que se refire á satisfacción do cliente. Durante toda a súa vida conseguiron axudar a compañías líderes, como Endesa ou Banco Santander, a que se implementen sistemas CX, deste modo, poden coñecer e mellorar a experiencia que reciben por parte dos seus clientes.
CITIX é un servizoun desarrollado por STIGA, viu a luz como froito dun, proceso de investigación. O seu obxectivo principal está dirixido aos concellos de localidades que teñan máis de 5.000 habitantes como unha ferramenta de xestión que sirva para medir o impacto que teñen as políticas e actuacións por parte dos xestores municipais. Tamén é considerado como a voz principal da experiencia que teñen o resto de cidadáns.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.