A Xunta reduce os cursos de galego un 22%

Por Galicia Confidencial | Santiago | 17/01/2012 | Actualizada ás 11:24

Comparte esta noticia

A convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos certificados de galego terá un 41% menos de orzamento este ano. Os niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga redúcese drasticamente respecto da convocatoria do pasado ano, deixando a 11 localidades sen garantía de oferta, segundo denuncia a CIG.

Na orde publicada no DOG do 9 deste mes o orzamento destinado á realización destes cursos preparatorios redúcese en máis do 41%. Na convocatoria de 2011 o orzamento destinado a esta actividade ascendía a 450.000 €. Na convocatoria para 2012 o orzamento redúcese en 185.000 €, di a central.

En 2011 a Xunta ofertaba 58 cursos de xestión directa repartidos entre as sete cidades (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) e as vilas  de Betanzos, Culleredo, Ribadeo, Monforte, Sarria, Vilalba, Viveiro, O Barco, Verín, Celanova e Ribadavia.

Porén este ano soamente realiza unha convocatoria directa de 43 cursos (un 22,5% menos), sen realizar oferta ningunha fóra das sete cidades, polo que non queda garantido que haxa oferta fóra das sete cidades.

A CIG denuncia que "a Xunta do PP está utilizando a súa falsa política de austeridade para ir reducindo as axudas e as iniciativas a prol do uso e o coñecemento do noso idioma nun momento no que todos os estudos científicos indican que o galego está reducindo o seu espazo lingüístico na sociedade".

None

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 17 comentarios

2 El PPresidente

Y la rotativa de mi fiel Santiago, ¡qué!, ¿va a quedar sin pagar? De algún sitio tenía que salir la pasta, ¿o os creéis que gobernar es tan fácil?

1 Black Crow

Peor fué cuando el bloque ese pretendió reducir los cursos de gallego en un 100% y gastarse toda la partida en cursos de portugués.

2 xmmc

E iso pasou realmente ou só na máquina de crear mentiras? Mira por onde veume á mente unha neveira de portátil de 6000 euros...