As aventuras de Tintín na Cidade da Cultura

Si Galicia fose un cómic en 3D, podería ser “Tintín no Gaiás”. Alberto Núñez Feijóo é como Tintín, “listo, valente, astuto, amable e defensor sen concesións dos máis débiles” e leva sempre preto, como unha roda de reposto, ao seu fiel Milú.

Por Valentin Carrera | Compostela | 20/01/2012

Comparte esta noticia

Patxi Vázquez e Guillerme Vázquez son os irmáns Hernández e Fernández: “Teñen un grandísimo sentido do deber pero a súa incrible inxenuidade xunto coa súa mala sorte lévalles a meter a pata continuamente”.

Reservemos ao capitán Haddock para o presidente Rajoy; todo axuda, a barba, os puros e a mirada torva que fulmina cunha caricia. Para o personaxe da diva Bianca Castafiore, teño dúbidas entre Corina Porro e Carmela Silva. Tampouco consigo saber quen sería Rastapoulos, “criminal e mafioso, con intereses no narcotráfico, produtor cinematográfico, propietario dunha compañía aérea baixo un falso nome e outros moitos negocios a nivel internacional, encóbrese baixo personalidades falsas para levar a cabo os seus infames plans”, pero algún galego ilustre haberá con semellante currículum.

“Tintín no Gaiás” desenvólvese na Cidade da Cultura: o intrépido reporteiro descobre que Rastapoulos vendeu aos construtores da Cidade da Cultura un cargamento de vigas, ferraxes e parafusos defectuosos, en moi mal estado, importados de Borduria. Tintín entra nos pasadizos secretos do Gaiás e fotografa as probas do delito. A estrutura do fastuoso Gaiás, sostida por parafusos oxidados, cambaléase perigosamente. Núñez Tintín paraliza as obras mais, cando interveñen os irmáns Vázquez e Vázquez, Rastapoulos fai un corte de mangas e vaise de rosiñas. Na última viñeta, Bianca Castafiore canta na inauguración do Palacio da Ópera e toda a Cidade da Cultura esborrállase como un castelo de area. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Valentín Carrera Valentín Carrera, Ponferrada, 1958, escritor e xornalista, analista político en Galicia Confidencial, no blog Tornarratos.com, no Semanal Digital e no Faladoiro da Radio Galega. Dirixe a editorial eBooksBierzo. O seu último libro "Pescanova Crimen Perfecto”, aborda a estafa piramidal do caso Pescanova [http://www.paradiso-gutenberg.com/pescanova/].