O número 4 polo PP de Mondariz foi condenado pola Xustiza e declarado en situación "de rebeldía": "Non teño nada que ocultar"

Roberto Corredoira foi condenado, canda o seu ex-socio en Distribuciones Moroy, Moisés Rodríguez Gil, a pagar unha débeda de máis de 29.000 euros a outra empresa, da que responsabiliza a Rodríguez Gil. Tamén foi declarado "en situación procesual de rebeldía" e "en paradoiro descoñecido" en varios procesos xudiciais. O candidato do PP argúe que esa situación se debeu a un "defecto de forma nas notificacións" e denuncia unha "campaña noxenta" contra o partido e a súa irmá, número un da lista do PP neste concello.

Por Galicia Confidencial | Mondariz | 24/05/2019 | Actualizada ás 13:24

Comparte esta noticia