Feijóo apela a elixir alcaldes que unan e non que "fracturen a sociedade nin as cidades"

O presidente da Xunta de Galiciaincidiu en que os cidadáns adoptarán este domingo "decisións moi importantes", posto que o que elixan "vai estar vixente ata 2023".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/05/2019 | Actualizada ás 14:37

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu "aos galegos e galegas" que este domingo "elixan en liberdade" e voten a "alcaldes e alcaldesas" cuxo "obxectivo sexa unir, non fracturar a sociedade, non fracturar as cidades".

Tras exercer o seu dereito a voto no Colexio Niño Jesús de Praga de Vigo (Pontevedra), o presidente do Partido Popular galego remarcou que "Galicia é un pobo unido" e os políticos teñen que "seguir garantindo a unidade" do pobo nos "consensos básicos e na convivencia".

Feijóo tamén incidiu en que os cidadáns adoptarán este domingo "decisións moi importantes", posto que o que elixan "vai estar vixente ata 2023".

O presidente do PPdeG pediu por iso aos cidadáns que "exerzan o seu dereito" e voten "en liberdade e democraticamente", nun 26 de maio "fermoso" tanto desde o punto de vista climatolóxico como democrático, sinalou, no que se elixe "nada menos" que o "futuro" de 313 concellos de Galicia e de máis de 8.000 en España, así como aos representantes en Europa.

DEFENDE QUE GOBERNE A LISTA MÁIS VOTADA

Feijóo manifestou ademais a súa "opinión", a que "desde sempre foi a mesma, con independencia das tendencias políticas", a favor de que goberne a lista máis votada.

"A min gustaríame que saísen das urnas as alcaldesas e alcaldes, e gustaríame que gañar fose sinónimo de gobernar", asegurou, nunha "aspiración" que sostén que "é a da maioría dos democráticas" e que espera que "algún día" sexa referendada "por lei".

Por último, puxo en valor que a xornada se estea desenvolvendo con "tranquilidade" e "sen incidencias" e mostrou a súa confianza en que se manteña "así ata o oito da tarde".

PARTIDO POPULAR DE GALICIA
PARTIDO POPULAR DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta