O mesmo barco para todos

Promover o crecemento económico e, por riba de todo, crear emprego é o obxectivo.

Por X.M. Barreiro | Lugo | 30/01/2012

Comparte esta noticia

Unha necesidade perentoria está última tendo presente os últimos datos da EPA porque pechamos o pasado ano superando amplamente os cinco millóns de desempregados e, o que é aínda peor, tendo máis de un millón e medio de familias con todos os seus membros en paro. E non hai dúbida de que se non hai movemento económico, difícil resultará dinamizar o mercado laboral.

 
O paquete de medidas articulado polo Goberno de Rajoy, aínda cos sinsabores que conleva, principian a dar algún froito. O executivo, dende o primeiro minuto, está a actuar e esa inmediatez foi ben acollida polos mercados e institucións económicas; a subasta de débeda é unha boa proba delo. Que Europa e os mercados vaian recuperando a confianza no noso país, nos nosos gobernantes, é, pese a que estemos lonxe da victoria absoluta, unha batalla ganada.
 
Aínda que de xeito excepcional e transitorio, é certo que se estableceu un incremento do IRPF. Matizo, nembargantes, que son os impostos que menos dañan o crecemento económico e os máis equitativos e xustos en termos de repercusión lesiva; e (recalco este matiz) a decisión adoptouse case de xeito obrigado tras constatar a desviación dos obxectivos de déficit en dous puntos máis do previsto inicialmente. 
 
A estas alturas a ninguén se lle escapa que cumprir o tope de déficit é un compromiso irrenunciable, non xa únicamente para recuperar a credibilidade do noso país no exterior, tamén para impedir o cuestionamento do noso Estado de Benestar e porque o custo de financiación derivado do incremento da débeda é imposible de asumir.
 
Controlar o déficit e a débeda é, de por si, un traballo de titanes, pero nelo está o Goberno, igual que está a traballar nas reformas estructurais, igualmente necesarias. Aí están, por exemplo, as propostas para reformar o mercado laboral, incidindo en conceptos básicos como estabilidade, empleabilidade, formación e flexibilidade; para loitar contra o fraude; ou mesmo as medidas para axudar ás Comunidades Autónomas a lograr a estabilidade financiera ampliando o plazo de devolución dos anticipos do Estado ou dándolles liquidez a través dos fondos ICO.
 
Esta claro que todas as medidas que se adopten, en aras de lograr os obxectivos ós que aludía ó comenzo, teñen un custo, implican un sacrificio, pero tamén un cometido, unha razón de ser. 
 
Un estricto control do gasto; a aplicación dos principios de austeridade e eficiencia a todos os niveis; acometer as reformas estructurais necesarias… son pasos, pero requiren a implicación de todos, das administracións e dos propios cidadáns. 
 
E quen non se implique ou quen non cumpla coa tarefa encomendada ten que responsabilizarse das consecuencias que elo implique. A Lei de Estabilidade Orzamentaria (da que en Galicia por certo sabemos moito) vai nesa dirección. 
 
Todos estamos no mesmo barco; chegar a bo porto ou perdernos na tempestade tamén é cousa de todos. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Xosé Manuel Barreiro Foi conselleiro de Medio Ambiente e vicepresidente da Xunta de Galicia no último goberno de Manuel Fraga. Actualmente é o presidente do PP de Lugo e membro da dirección do PPdeG. O seu blog blog