Ábrense unhas xornadas para o empoderamento e a inclusión de mulleres con diversidade funcional

O obxectivo desta actividade, que ten lugar en Santiago de Compsotela, é "estudar as demandas das mulleres e nenas con discapacidade en Galicia e analizar as súas reivindicacións máis comúns", comenta a Xunta nun comunicado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/06/2019 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI) impulsou este martes en Santiago de Compostela unhas xornadas para "promover o empoderamento das mulleres con diversidade funcional e fomentar a súa participación social e inclusión plena".

O obxectivo desta actividade é "estudar as demandas das mulleres e nenas con discapacidade en Galicia e analizar as súas reivindicacións máis comúns", segundo informou a Xunta mediante un comunicado.

A este evento, chamado 'As mulleres e nenas con discapacidade á luz d convención sobre os dereitos das persoas con discapacidade', acudiu a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e o presidente de CERMI Galicia, Iker Sertucha.

López Abella destacou que na Xunta se considera "fundamental" actuar en catro eixos específicos para abordar as medidas en materia de igualdade destinadas ás mulleres con diversidade funcional.

En concreto, a sensibilización social, que busca concienciar sobre as capacidades destas mulleres; a formación da cidadanía na inclusión e comunicación coas persoas con discapacidade; a investigación para mellorar o coñecemento da súa realidade; e a posta en marcha de servizos e programas específicos que promovan o empoderamento.

A Xunta fomenta o empoderamiento e a inclusión de mulleres con diversidade funcional a través dunhas xornadas. XUNTA DE GALICIA
A Xunta fomenta o empoderamiento e a inclusión de mulleres con diversidade funcional a través dunhas xornadas. XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta