A deputada da área de Muller e Igualdade da Deputación de Lugo, Marisol Morandeira, explicou que "é unha programación pensada para todas as idades con especial foco na mocidade porque a educación, a sensibilización e a visibilización son tres ferramentas crave para contribuír dunha maneira transversal á transformación da sociedade cara a unha sociedade máis xusta".
Será tamén a primeira edición dos premios 'Mulleres Imprescindibles', recoñecerase o labor de Paz Filgueira Paz, xuíza cunha longa traxectoria na especialidade de violencia de xénero, tanto a nivel profesional como persoal e a súa implicación na difusión e sensibilización sobre esta lacra.
  comenta   0
Moitas mulleres non se animan a denunciar unha situación de violencia de xénero por "medo a ser xulgadas" e precisan apoios para chegar a facelo. O libro 'La Voz del Coraje' conta catorce historias de superación entre as que se recollen testemuños de galegas.
  comenta   0
O Concello ofrece dous cursos especialmente pensados para que os maiores adquiran competencias e habilidades que lles permitan participar plenamente na era dixital e sacar proveito das novas tecnoloxías.
  comenta   0
Co gallo do 25 de novembro, do Día Internacional pola eliminación da violencia contra as mulleres, o concello organiza unha programación chea de actividades na semana do 21 ao 27 de novembro.
  comenta   0
Fronte á angustia que pode xerar a crise climática, a mocidade activista apela a organizarse e procurar apoio á calor das redes veciñais e movementos sociais.
  comenta   0
Este sábado 4 de xuño celebrarase no Concello de San Xoán de Río a “I Xornada da Saúde da Muller”. Durante todo o día terán lugar diferentes actividades abertas para todo o público pero centradas na figura da muller.
  comenta   0
As premiadas nesta edición celebrada no Real Club Náutico de Sanxenxo foron a pianista Andrea González, as 'Abellonas' do Club Rugby Coreti Lalín, o Centro de Información á Muller de Sanxenxo e a cooperativa Ardora.
  comenta   0
O II Foro da Cooperación Municipalista da Lusofonía reúne a autoridades locais de 7 países.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra pon en marcha varias accións de sensibilización ambiental e conciencia ecolóxica entre diferentes sectores e a cidadanía en xeral.
  comenta   0
As coplas tradicionais, as líricas propias e as sonoridades electrónicas fusiónanse, coma no caso de Midas, neste novo tema; que se acompañará dun videoclip que as cantareiras estrearán o venres 9 ás 00.00 horas na súa canle de Youtube.
  comenta   0
O presidente de Cogami anima a seguir traballando no empoderamento da muller con discapacidade, na promoción da súa autonomía e independencia.
  comenta   0
Esta mestra de música e baile decidiu botar a andar un proxecto colectivo de revisión do noso cancioneiro popular dende unha perspectiva de xénero.
  comenta   1
Estas semanas de confinamento permítenme ler libros e ver series que fora deixando para cando tivera ocasión. Unha das series que rematei estes días foi “McMafia”, estreada en 2018 na BBC One, basada no libro “McMafia. O crime sen fronteiras”, do xornalista Misha Glenny, colaborador da mesma BBC e autor de varios libros sobre a guerra nas repúblicas Ex iugoslavas e outro, de 2012, “O lado escuro da rede” sobre ciberdelincuencia.
  comenta   0
O obxectivo desta actividade, que ten lugar en Santiago de Compsotela, é "estudar as demandas das mulleres e nenas con discapacidade en Galicia e analizar as súas reivindicacións máis comúns", comenta a Xunta nun comunicado.
  comenta   0
O equipo feminino vén de gañar o Torneo Internacional de Madrid, onde participaron equipos de distintos puntos de Europa, como Irlanda ou Suíza. Este éxito súmase ao título de Campioas de Europa acadado o pasado ano en Lorient. Pola súa parte, o conxunto masculino tamén chegou á final, pero non logrou facerse coa copa.
  comenta   0
Entre as propostas deste colectivo está a publicación de libros para visibilizar referentes con diversidade étnico-racial ou o desenvolvemento de actividades escolares contra os estereotipos
  comenta   0
Catro marchas parten de diferentes puntos da cidade e conflúen na Senra ao berro de 'Aquí está ou feminismo galego en pé'.
  comenta   0
A responsable do Plan Nacional sobre Drogas, Azucena Martí, destaca que Galicia é un exemplo de "empoderamento" social contra o narcotráfico.
  comenta   0
Está destinado ao alumnado adolescente do IES de Ames. O obxectivo é traballar a conciencia de xénero mediante dinámicas participativas e teatrais.
  comenta   0
O Seminario de Lexicografía engade este novo termo para expresar coa voz propia do galego unha nova realidade social no avance cara á igualdade.
  comenta   2
Aproveitando a data do fin de Ramadán, o proxecto "Mulleres musulmás pola participación social" reivindicou a ocupación dos espazos públicos para celebrar as festas populares que representen a diversidade cultural galega. Galicia Confidencial falou con Mina Shayan, técnica de intervención de SOS Racismo encargada de levar a cabo este proxecto.
  comenta   0