Galicia é a primeira comunidade en acceder ao Rexistro de Titularidades Reais para evitar o branqueo de capitais

Búscase proporcionar información actualizada sobre as persoas que ostentan o control dunha sociedade.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/06/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

Un convenio de colaboración entre Facenda e o Colexio de Rexistradores da Propiedade e Mercantís de España permitirá a Galicia situarse como a primeira comunidade autónoma en acceder ao Rexistro de Titularidades Reais.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Gómez, e a decana do Colexio, María Emilia Adán, subscribiron este mércores o citado convenio, que permitirá á Axencia Tributaria dispor dunha ferramenta para "mellorar a loita contra o branqueo de capitais" ao proporcionar información actualizada sobre as persoas que ostentan o control dunha sociedade.

Os datos do RETIR proveñen do Rexistro mercantil, posto que estas sociedades están obrigadas a incluír a identificación real na presentación das súas contas de 2018, en cumprimento das directivas comunitarias. Así mesmo, dado que a Axencia Tributaria xestiona impostos de carácter patrimonial e que teñen como suxeito pasivo á persoa física, o RETIR permitirá mellorar este traballo á entidade.

Unha oficina da Axencia Tributaria
Unha oficina da Axencia Tributaria | Fonte: Ministerio de Hacienda

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta