Prohiben o acceso ao Parlamento ás Enfermeiras Eventuais en Loita que vestían camisolas reivindicativas

"O Parlamento de Galicia escudarase, coma noutras ocasións, no Artigo 109, pero negar as reivindicacións do pobo na institución que o representa, é negarlle o dereito á democracia", denuncian dende o colectivo.

Por Europa Press / Redacción | | 12/06/2019 | Actualizada ás 13:44

Comparte esta noticia

Dende o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita denuncian "a censura no Parlamento de Galicia" logo de que este mércores se lles prohibira o acceso aos 13 representantes por levar postas as camisolas co logo de Enfermeiras Eventuais en Loita. 

O Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita á entrada do Parlamento de Galicia
O Colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita á entrada do Parlamento de Galicia | Fonte: Enfermeiras Eventuais en Loita

A presenza do colectivo no Parlamento estaba relacionado cunha invitación do Grupo Parlamentario PSdeG para seguir o debate dunha iniciativa parlamentaria respecto da eventualidade e precariedade na contratación das enfermeiras no Servizo Galego de Saúde.

Segundo relatan dende o colectivo, o acceso ao Parlamento estivo precedido de ata catro controis de identidade e foi xusto na entrada á Tribuna de Invitados cando os servizos de seguridade advertiron da prohibición de portar as camisetas reivindicativas, polo que se viron obrigados a darlles a volta ou tapar a camiseta para poder acceder.

"O Parlamento de Galicia escudarase, coma noutras ocasións, no Artigo 109, pero negar as reivindicacións do pobo na institución que o representa, é negarlle o dereito á democracia", denuncian.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta