O reitor invisible

Juan Casares Long lidera a Universidade de Santiago nun dos momentos máis complicados da súa historia con severos recortes nos orzamentos e con protestas case diarias de distintos sectores. O reitor evita reunirse cos afectados. Entrevistas aos investigadores do Parga Pondal e dos líderes sindicais da limpeza da USC no interior.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 17/02/2012 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Os ultimos meses de Casares Long ao fronte da USC están sendo moi complicados. Os graves problemas financieiros da USC están detrás da crítica situación que vive unha das universidades con máis sona do Estado español. 

None

 

O reitor e o seu equipo escúdanse, precisamente, na crise para abordar unha serie de recortes que non están deixando indiferente á comunidade universitaria. De feito, Casares Long xa non conta co apoio da maioría do claustro, ni tampouco do Consello de Goberno da USC. Algúns dos docentes e PAS que o apoiaron na súa carreira ao reitorado da universidade compostelá, renegan agora deste catedrático.

 

A falla de financiamento para os departamentos universitarios, a paralización de importantes proxectos de investigación, a non renovación das bolsas de 17 investigadores Parga Pondal ou o conflito aberto no sector da limpeza están minando seriamente a súa credibilidade.

 

De feito, Casares Long evita xa reunirse cos sectores afectados. “Está xa cansado de ter que dar largas e explicacións que non convencen a ninguén e, por iso, prefire xa non dalas”, apunta un docente da USC próximo ao equipo de goberno. Este mesmo luns saía da sede do rectorado cinco minutos antes de que os Parga Pondal se concentraran para reclamar unha solución a súa situación. 

 

Evitar as protestas

 

Non é a primeira vez que o fai. “Se pode, evita estar presente no Pazo de Xelmirez cando hai protestas”, indican a mesma fonte. Nos últimos días, a Praza do Obradoiro –onde se atopa esta sede-- semella un posto de protestas ambulantes. Alí xa se manifestaron investigadores Parga Pondal, Ramón y Cajal, os traballadores da limpeza, estudantes e diversos investigadores.

 

Os casos que máis incomodan ao reitorado actualmente son a situación dos Parga Pondal, pola repercusión mediática que están a ter, e as protestas do sector da limpeza, ante a posibilidade de que os seus traballadores convoquen unha folga.

 

Parga Pondal

 

 

Os 17 profesionais Parga Pondal que finalizaron o seu contrato de investigación o pasado 28 de decembro, seguen sen atopar unha solución, a pesar de que o Consello de Goberno da USC obriga ao reitor a buscarlle unha solución. 

 

Xa pasaron 20 días desde o último Consello de Goberno e nin o reitor, nin ningún membro do grupo de goberno da USC, se puxo en contacto cos investigadores, a pesar de que estes pediron unha reunión en varias ocasións. Por iso, este martes, máis de medio cento deles se concentraron diante do reitorado para reclamar un "compromiso de futuro" nos seus traballos.

 

"O equipo reitoral mantén unha actitude un tanto caprichosa", subliñou Ezequiel Álvarez, un dos portavoces dos concentrados, que lle reclama ao reitor que, dunha vez por todas, sente a negociar cos afectados. Este colectivo xa ten explicado a súa situación nun exhaustivo artigo que os propios investigadores publicaron no GC.

 

"Esperabamos que o reitorado reaccionase e que estabilizase os postos de traballo dos 17 Parga Pondal pero o equipo reitoral fai oídos xordos, non fixo ningún movemento e tivo tempo suficiente para mostrar vontade de cambio e non o fixo", laméntase.

 

Sector da limpeza

 

Tamén os traballadores da limpeza están en pe de guerra. Nos últimos días, convocáronse varias protestas contra a decisión do reitorado de rebaixar nun millón de euros acontrata da limpeza o que suporá un recorte do 30% da plantilla.

 

Tampouco neste caso Casares Long se quere entrevistar cos afectados. “Tivemos unha xuntanza coa xerente e xa lle transmitimos que non se vai a adminitr recortes deste calibre”, advirte Anxo Noceda, responsable da CIG. Por iso, non descarta unha folga de limpeza, algo que xa acordou a asemblea de traballadores e que “só está pendente das datas”. 

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

9 predoc

Si todo el dinero destinado a engordar el cuerpo de catedráticos se hubiera destinado a fomentar la entrada de personal ahora estarían estabilizados todos los IPP, RyC, además de haberse podido ocnvocar plazas de ayudante y ayudante doctor. ¿Qué pasa? Que los titulares acreditados a Cátedra tienen un valr del 51% en las elecciones a rector y claustro, de tal forma qu son los que parten el bacalao, los demás.... seremos ****.

8 predoc

En la USC es conocido que la dirección de esta institución recae actualmente en: Lourdes Batán y Carmen Fernández Morante. La Gerente y la Vicerrector de PDI y Titulaciones (osea, de todo) son las que parten el Bacalao, mientras el Rector se pasea allá por donde puede presumiendo de su cargo (sabedor de que le queda poco tiempo de disfrute dle msmo). Mientras tanto el panorama en la USC es desolador, CFM sólo se dedica a sacar plazas en PEdagogía (su facultad) y en Medicina (último reducto con leales a Casares), mientras tanto predocs preparando la tesis en precario con contratillos de obra y servicio, los RyC e IPP en la calle o con contratillos de obra y servicio, titulares que llevan 20 años rascándose las mismisimas...narices... consiguiendo plazas de titular regaladas....

7 quimico

O reitor só se reúne cos grupos de presión e os persoeiros que pensa poden darlle estabilidade, as súas cenas e comidas de traballo... Os estudantes, investigadores e traballadores son de segunda ou terceira división para el.... pouca cousa para todo un Ex Director Xeral da Xunta dos gobernos de D. Manuel Fraga. Seica Fraga o botou da xunta... por algo seria.

6 pimpo

Pois para ser reitor, xa o conseguiu, é reitor, agora pírese

5 lirico1963

El rector rompió todos sus compromisos electorales, a defraudado a sus votantes, a sus apoyos en el claustro, a miembros de su equipo que estaban con él desde antes de perder las elecciones de 2006, etc. si le queda algo de verguenza debería dimitir. ¿Para qué seguir perdiendo claustros y consellos de goberno?