Pérez Bouza: "Non participarei nun BNG bis"

Xosé Manuel Pérez Bouza é un dos protagonistas da catarse nacionalista deste inverno. En semanas pasou de senador e candidato por Ourense a marchar do BNG e a estar distanciado da vida interna de Máis Galiza. Agora conversa con GC sobre o futuro dunha nova alternativa nacionalista.

Por Walter Burns | Ourense | 15/02/2012 | Actualizada ás 19:02

Comparte esta noticia

Desatou unha treboada de comentarios cando contou no seu Facebook que estaba "traballando, como sempre fixen dende os 21 anos. Hoxe de garda no PAC de Xinzo de Limia. Aínda que algúns 'profesionais' non o crean, ó marxe da política tamén hai vida.  Profesional da política: que vive da política, sen que se lle coñeza outro oficio. Desgraciadamente hai moitos, cada vez máis". Con todo, Pérez Bouza non se intimida e explica polo miúdo o que el entende que demanda a sociedade galega:

None

A semana pasada decidía abandonar a militancia do BNG despois de moitos anos e tras ocupar postos de responsabilidade hai pouco, en concreto como senador. Non lle dá vértixe unha decisión así?

Resulta evidente que tomar a decisión de deixar a única formación política á que estiven afiliado na miña vida e na que levaba 20 anos, non resulta nada doado, e por iso tomeime un tempo prudencial para reflexionar, para pensalo coa cabeza fría, de xeito sosegado, e poder tomar así a mellor decisión tanto para o BNG, coma para mín.

Vostede alegou que marchaba por discrepancias políticas, podería explicalas?

A maioría dos afiliados do BNG que asistirón a Asemblea Nacional, de xeito lexítimo e democrático decidiron que o BNG sexa unha forza antisistema, situada na esquerda alternativa e que aposta pola movilización social como principal estratexia para conseguir a liberación de Galicia, reafirmándose para iso nunha estructura organizativa de frente e consolidando ao principal referente político. Eu respectoo, pero non o comparto e moito menos estou disposto a defendelo, porque penso que non é útil para Galicia, nin para defender a súa identidade, nin para transformar a súa cada vez máis crítica realidade económica e social.
 
Que Pérez Bouza marche como militante do BNG significa que abandona a primeira liña política?

Unha persoa que leva 20 anos afiliada a unha forza política, participando de xeito moi intenso durante todo este tempo, e que asumiu importantes responsabilidades tanto a nivel interno como de representación institucional, é evidente que lle preocupa a situación do seu país e que está disposto a contribuir co seu traballo a melloralo. Pero ademáis eu creo na política como instrumento válido para transformar realidades negativas como as que estamos vivindo, e crear benestar para o cunxunto do cidadáns. Outra cousa é que por discrepancias coa línea e a práctica política do BNG, decidira solicitar a miña baixa nesta organización, o que non significa que o meu compromiso con Galicia non siga existindo.

Vostede forma parte dos órganos de dirección de Máis Galiza, en concreto do Consello Político Nacional. Con todo, non formou parte da candidatura que Máis Galiza pactou co Encontro Irmandiño na última Asemblea do Bloque. Por que? 

Porque considerei que a alternativa que primeiro propuña Mais Galiza en solitario e despois en coalición con Encontro Irmandiño, non introducía cambios en profundidade, nin na línea polítca, nin na estructura organizativo,  e que polo tanto aínda que me sentía moito máis identificado con esta proposta que coa representaba a ApU, non me convencia o suficiente como para participar activamente na mesma.

Segue a vostede a militar en Máis Galiza? Sigo afiliado a Máis Galiza aínda que xa levo tempo sen participar na súa vida interna.

Tras a marcha do EI do Bloque, o debate sobre a continuidade na fronte de Máis Galiza está sobre a mesa. Dende fóra dá a impresión que unha parte da militancia de Máis Galiza si quere marchar, mentres na dirección hai división de opinións. Cal cre vostede que é a opción máis coherente politicamente?

Nun proceso de ruptura como este, ao meu xuizo a postura máis coherente é que cada quen tome a súa decisión en función das súas razóns. Cando menos eu así o fixen, decidín solicitar a miña baixa como afiliado do BNG, por unhas razóns moi concretas, que non coinciden necesariamente coas que están expresando como colectivos organizados, nin Máis Galiza, nin o Encontro Irmandiño.

É factíbel que os militantes de Máis Galiza que marchen do BNG participen na nova fronte que os irmandiños chamaron a crear este domingo? Non son ideoloxías moi distantes, o altermundismo dos irmandiños e a socialdemocracia de Máis Galiza?

Alá cada quen que faga o que considere oportuno. Eu o que teño moi claro e que só participarei nun novo proxecto político se de verdade é novo, novo na liña e na práctica política, novo na súa estructura organizativa e novo nos referentes. Para construír un BNG bis, situado nas mesmas coordenadas ideolóxicas, coa mesma práctica política e coa mesma estructura organizativa, eu non estou disposto.

Existe espazo para unha forza nacionalista galega de ideoloxía similar á de CiU ou o PNV en Galicia?

Cataluña é Cataluña, Euskadi é Euskadi e Galicia é Galicia,  e só teñen en común ser territorios históricos, ser nacións, pero cada unha delas con realidades identitarias, económicas e sociais moi distintas, que iso si, comparten a necesidade de contar con forzas políticas propias que, tanto dentro como fóra dos seus territorios, defendan os intereses dos seus cidadáns, pero que non tén por qué ser  forzas políticas absolutamente homologables no seu pensamento e na súa práctica política. O que ninguén póde negar é que se Euskadi e Cataluña están onde están, entre outras moitas variables está a de contar con forzas políticas como o PNV ou CiU, porque un abano moi amplo de sectores sociais, incluída parte dos empresariais, apoianos para que defendan os seus intereses, tanto de identidade como de tecido economico e social. En Galicia, parte dos traballadores e dos sectores ilustrados pensan que debe existir unha forza nacionalista e progresista que os represente a eles e aos intereses do país, pero a maioría, incluídas as clases dirixentes, confían esa defensa á esmola ou a "ter contactos", e así nos vai e lles vai.

Entonces ó seu xuizo que tipo de forza política precisa Galicia?

Si temos en conta que por diferentes motivos, neste momento ningunha das tres forzas políticas con representación parlamentaria, ten un proxecto que responda as necesidades de Galicia, cada vez colle máis forza entre a sociedade a idea de que en Galicia se precisa un novo proxecto político, que ao meu xuizo debería ser nacionalista, porque Galicia é unha nación, galeguista por que a nosa nación é Galicia, non é outra e progresista tanto no modelo económico, como social. Un proxecto político  comprometido coas demandas de rexeneración democrática que esixe a sociedade, con vocación de goberno, con iniciativas transformadoras e ambiciosas, pero a súa vez prácticas e realistas, que non señan unha fonte innecesaria de frustacións cando haxa que gobernar as distintas institucións, disposto para conquistar a confianza maioritaria dos galegos/as e para disputarlle a hexemonía electoral e social ao PP e PSOE. Iso e non outra cousa, ó meu modo de ver, é o que precisa Galicia, e ademais penso que é o que cada vez con máis forza demandan amplias capas da sociedade galega, que saben  que cada vez é máis urxente que se defendan os seus intereses, cousa que, en distinta medida, non atinaron a facer as organizacións tradicionais.
 
Pode entenderse da súa resposta anterior, que nunha forza polítca situada nesas coordenadas, vostede estaría disposto a participar?

Para que emerxa un novo proxecto político non chega con que uns cantos teñan vontade de crealo, ten que existir unha demanda social. Si se dá esa condición e o proxecto se sitúa nesas coordenadas, e ademais desde o exercicio do autogoberno, resulta útil para Galicia e para conquistar as maiores cotas de benestar para os galegoss, entonces si que estaría en disposición de participar como un máis, arrimando o ombreiro, como sempre fixen.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 56 comentarios

22 Nacionalista

O seu sería que desta situación actual saíran tres forzas políticas nacionalistas/galeguistas: 1. O BNG integrado polos marxistas-leninistas da UPG e do Movemento ao Socialismo (e no que poderían entrar outros partidos minoritarios como a FPG ou Nós-UP). 2. Unha forza de esquerdas sociademócrata na que terían cabida as xentes do Encontro Irmandiño, de Esquerda Nacionalista de +Galiza e sectores críticos do PSdG-PSOE que decidan abandonar o partido. 3. Unha forza de centro dereita conformada por PNG-PG, TeGa, ConverxenciaXXI e os da boina do PP que estean fartos do españolismo e antigaleguismo do seu partido (Rafa Cuíña, menos falar e máis actuar, agora é o momento!). Así poderíanse aglutinar todas as forzas que teñen a súa razón de ser na defensa do País e da súa identidade en tres opcións nítidas e sólidas (sen frontismos nin inventos) para cubrir así da mellor maneira posíbel as necesidades ideolóxicas dos nacionalistas e galeguistas.

1 Nacionalista

O malo é que electoralmente tanta división sería un fracaso, porque cunha lei electoral que fixa no 5% de votos por provincia o mínimo para entrar no Parlamento, o proxecto nacionalista podería morrer definitivamente e quedariamos condenados a gobernos do PP para toda a vida. Ademais de que consolidar un novo partido (para aínda máis dous) leva anos e anos e a xente é bastante reacia aos cambios. Agora é o momento de deixarse de personalismos e egocentrismos para traballarmos todos xuntos polo país. Espero que esteamos todos á altura.

2 Outro

Nacionalista."tanta división seria un fracaso". É o que queren...E logo que pensabas??

3 Nacionalista

Quen o quere? Eu só digo que o normal nun "país normal" (ás veces dubido que o noso o sexa) é que as diferentes ideoloxías se agrupen en diferentes partidos políticos para que TODO O MUNDO teña a posibilidade de votar en clave galega sexa cal sexa a súa afiliación ideolóxica. Agora ben, tal e como está a situación do nacionalismo/galeguismo na actualidade (case que enfermo terminal) a diversidade de correntes (que non deixaría de ser o normal, ollo) podería rematar por esnaquizarnos electoralmente. Por iso digo que se se vai dar o paso, que se dea dunha vez, que se fagan ben as cousas e que na medida do posíbel traballemos todos xuntos, aínda coas nosas diferenzas, polo ben común, polo ben do país, que a fin de contas é o máis importante e o que nos ten que unir e vertebrar. E os debates, no Parlamento (pero para iso hai que conseguir entrar). Ademais que o "inimigo" vén de alén do Cebreiro, non da casa do lado.

4 Ben Cho Sey

Propoño de nome pra nova forza INPG Integración Nacional e Progresista de Galiza, porque eso é, penso eu o que se pretende, que sexa un proxecto amplo no que se "integren" forzas "nacionalistas", "progresistas", e mesmo "galeguistas" (si é que se realmente é preciso facer matices nos conceptos NACIONALISTA/GALEGUISTA)

21 comento

pois eu estou por formato de partido, sinxelo na forma mas firme e activo no traballo e na organización: coa mentadlidade que propón Beiras de ser ferramenta e vaso comunicante coa cidadanía e cos movimentos sociais máis dinámicaos, o de frente, non ten senso neste caso: proposta: - EPG.Esquerda Plural de Gz. ou - A Esquerda, a secas...

1 Meu Rei

Pero é que todos os nacionalistas non somos de esquerdas...é máis, o nacionalismo soe ser de dereitas...o que pasa en Galicia non é normal

2 comento

Meu Rei, entón, os centro montade algo, así seremos un país normal. En serio.

20 ANANOSDEPAIS

O QUE EU DIXEN: DO PORCO ATE OS ANDARES!!!

19 comento

érase unha vez un verso libre, sosinho e sen compromiso sen rima e sen métrica, procuraba estrofa e estética "oh deuses, por que!!?", laiábase, "non quero terceto, nin quero cuarteto, quero namoarar nun soneto". "Serei pareado, namentras o amor non dá chegado". ; )

1 xantar

Moi bo.

18 Meu Rei

Eu tampouco participarei nun Bloque bis...fai falta unha unión entre PNG, CXXI, PG, TG,... para que haxa dous polos do nacionalismo galego e den alternativas aos galegos galeguistas

1 Luguês

Concordo 100%

2 Por outro

E de que sería a EMPANADA??.