A Xunta prevé aprobar a Lei de Residuos a comezos do 2020 para loitar contra a contaminación

A norma, "punto transcendental nas políticas ambientais", ten como obxectivo reducir un 15% os residuos xerados ata 2025.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/06/2019 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, presidiu este luns unha reunión do Consello Galego de Medio Ambiente na que se analizou o anteproxecto de Lei de Residuos e Chans Contaminantes, que a Xunta prevé aprobar no primeiro trimestre do próximo ano e entre cuxos obxectivos está reducir un 15% os residuos xerados ata 2025.

Antes de iniciar o pleno, a conselleira explicou que esta norma é un "punto transcendental nas políticas ambientais" da Xunta, que se articula tanto na prevención da contaminación como en evitar o desperdicio alimentario.

"É fundamental optar por concienciar para non seguir plastificando noso planea", explicou Anxos Vázquez, que dixo que, tanto nesta cuestión como na loita contra o desperdicio alimentario é necesario "asinar un convenio" co conxunto da "sociedade galega".

Desde o ámbito da Administración, precisou, búscase aprobar esta lei no primeiro trimestre do próximo ano, para pola canto antes en marcha e conseguir o obxectivo marcado de reducir en horizonte 2025 nun 15% os residuos.

Por outra banda, lembrou que se porán en marcha medidas para frear o impacto dos plásticos, como a prohibición de vender pratos, vasos ou bandexas dun só uso, salvo os que estean compostos polo menos nun 50% por material biodegradable.

Outra das liñas de actuación, dixo Anxos Vázquez, será a reutilización, co obxectivo de chegar o próximo ano a un 50% de todos os residuos domésticos e comerciais preparados para reutilizar ou reciclar, ademais de fomentar esta práctica para chegar, en cinco anos máis, á reciclaxe do 65% e do 70% en horizonte 2030.

Un terzo dos alimentos producidos no mundo, explicou Medio Ambiente, desperdícianse, o que equivale a 1.300 millóns de toneladas ao ano, polo que reducir estes índices tamén é outro dos obxectivos da lei.

A Xunta prevé aprobar no primeiro trimestre de 2020 a Lei de Residuos co obxectivo de reducilos un 15% ata 2025
A Xunta prevé aprobar no primeiro trimestre de 2020 a Lei de Residuos co obxectivo de reducilos un 15% ata 2025 | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta