Sermos Galiza nacerá en marzo e Dioivo este mes

O ex-edil do BNG Nestor Rego argumenta que Sermos nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/02/2012 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O diario dixital que promove o grupo de comunicación Sermos Galiza botará a andar o próximo mes, segundo adiantou un dos seus promotres, Néstor Rego, a Cuarto Poder.  Pola súa banda a data de lanzamento de Diovio, outro dixital en galego, prevese que sexa en torno a finais de febreiro.

None

Sermos: información independente só en "páxinas de escaso seguimento"

Rego, ex-concellal do BNG en Santiago, argumenta que o Sermos Galiza nace  "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica, que ficou reducida a páxinas de escaso seguimento".

En declaracións a Cuarto Poder o político nacionalista explica que contan contratar entre 8 e 10 redactores para un semanario en papel, cuxa data de lanzamento podería ser abril ou marzo.

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informa Periodista Digital citando ao propio Rego. O promotor destaca a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, como o sindicato nacionalista CIG, que suscribiron unha parte do accionarado.

No grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista; aínda que os máis numerosos son militantes da UPG, como o propio Rego, ou da coalición deste partido, o máis forte no Bloque, con independentes, a Alternativa pola Unidade.

Praza: na busca de modelos de financiamento

Pola súa banda, Marcos Pérez Pena, director de Praza Pública, explica en Cuarto Poder que o novo dixital querería pasar a ser de pago tras un tempo de transición até que o público vese normal pagar polos contidos impulsado polo progresivo cambio de política dos grandes medios. Polo de agora a nova cabeceira, estreada o 1 de febreiro, manterase a base de donativos e aportacións dos patronos dunha Fundación creada ad hoc.

Pérez Pena argumenta que "a oferta de determinados contidos na súa lingua [o galego] disminiu até case desaparecer" e critica o recorte das axudas da Xunta á prensa en galego.

Dioivo a punto de saír do forno

Para completar os movementos nos medios en galego, o 29 de febreiro está previsto o nacemento de Dioivo, "un proxecto que nace da vontade dun grupo de xornalistas desempregad@s da Galiza", explican os promotores, entre os que están ex-profesionais de Galicia Hoxe e Xornal de Galicia.

Tal e como e xa publicou este xornal, tamén hai outro proxecto xornalistico en cernes que estaría impulsado por  xornalistas do desaparecido Xornal de Galicia. O equipo de GC deséxalle a mellor das sortes a todos os proxectos que acaban de nacer ou que botarán a andar nos próximos meses, enriquecendo o panorama mediático do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

20 Desencantado

Os do BNG que fican dentro frótanse as mans.Todo estaba estudiado. A os (galegos) xoves galeguiños, daslle un carguiño e xa tes un xeneral, dixo Franco. .Nós concordamos.Haberá sitio para todos nas vindeiras eleccións xerais galegas? Aymerich quere manter o posto.; o deste home é patético e triste. Foise pero quedouse. Non vai a ser que Paco se cabree. Fai frio fora? Coas nevadas destes días, seguro.

19 A.V.

Lendo algúns comentarios, non sei a qué carallo ven tanto atacar a medios que nin sequera comezaron. Co panorama que temos e despois de ver pechar o Xornal, Vieiros, A Nosa Terra... que nazan novos proxectos informativos galegos, en galego e centrados en Galicia só pode ser unha boa noticia. Que detrás de un estea a U, e de outro estean Fulano ou Mengano... dácheme un pouco igual: unha vez sabido, xa establecerémo-lo noso criterio e escolleremos aquel nos guste máis. Porque o importante é que teñamos onde escoller. Así que benvidos sexan todos.

18 Bruar

Pode pasar, pode ser que Sermos Galiza, despois de moito esperar saia á luz pública agora a principios de marzo. Témome que non terá o éxito esperado. Calquera de nós é coñecedor que non fan falla 320.000€ para un medio na web, e menos ainda si eses van ser o referente dunha parte dun partido nacionalista. Deséxolles o mellor, pero a realidade ainda que algunhas veces non nos guste é a que é.

17 Xanti

Se a U quere o seu proprio medio que o saquen, non vexo o problema. Agora, dicir que Sermos Galiza non vai ser da U é pouco crible.

16 Bazarra

Ten o mesmo futuro que o Galiza Nación de Carrumeiro. Os dous son periódicos da Secta UPG

1 eue

Troll

2 Cabo do Home

Pero, non vos chega co Berra a Tempo que queredes sacar o Sermón Galiza?. Non terá a FORGA, nada que ver con ese xornal? Non, sí meu