Sermos Galiza nacerá en marzo e Dioivo este mes

O ex-edil do BNG Nestor Rego argumenta que Sermos nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/02/2012 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O diario dixital que promove o grupo de comunicación Sermos Galiza botará a andar o próximo mes, segundo adiantou un dos seus promotres, Néstor Rego, a Cuarto Poder.  Pola súa banda a data de lanzamento de Diovio, outro dixital en galego, prevese que sexa en torno a finais de febreiro.

None

Sermos: información independente só en "páxinas de escaso seguimento"

Rego, ex-concellal do BNG en Santiago, argumenta que o Sermos Galiza nace  "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica, que ficou reducida a páxinas de escaso seguimento".

En declaracións a Cuarto Poder o político nacionalista explica que contan contratar entre 8 e 10 redactores para un semanario en papel, cuxa data de lanzamento podería ser abril ou marzo.

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informa Periodista Digital citando ao propio Rego. O promotor destaca a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, como o sindicato nacionalista CIG, que suscribiron unha parte do accionarado.

No grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista; aínda que os máis numerosos son militantes da UPG, como o propio Rego, ou da coalición deste partido, o máis forte no Bloque, con independentes, a Alternativa pola Unidade.

Praza: na busca de modelos de financiamento

Pola súa banda, Marcos Pérez Pena, director de Praza Pública, explica en Cuarto Poder que o novo dixital querería pasar a ser de pago tras un tempo de transición até que o público vese normal pagar polos contidos impulsado polo progresivo cambio de política dos grandes medios. Polo de agora a nova cabeceira, estreada o 1 de febreiro, manterase a base de donativos e aportacións dos patronos dunha Fundación creada ad hoc.

Pérez Pena argumenta que "a oferta de determinados contidos na súa lingua [o galego] disminiu até case desaparecer" e critica o recorte das axudas da Xunta á prensa en galego.

Dioivo a punto de saír do forno

Para completar os movementos nos medios en galego, o 29 de febreiro está previsto o nacemento de Dioivo, "un proxecto que nace da vontade dun grupo de xornalistas desempregad@s da Galiza", explican os promotores, entre os que están ex-profesionais de Galicia Hoxe e Xornal de Galicia.

Tal e como e xa publicou este xornal, tamén hai outro proxecto xornalistico en cernes que estaría impulsado por  xornalistas do desaparecido Xornal de Galicia. O equipo de GC deséxalle a mellor das sortes a todos os proxectos que acaban de nacer ou que botarán a andar nos próximos meses, enriquecendo o panorama mediático do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

15 Carlos

bueno o xornal dixital "sermos galiza" xa nace medio morto.... un xornal creado por un partido politico e por un sindicato vai estar altamente condicionado á hora de contar as novas.... unha magoa....

1 :-p

Menos mal que o resto de médios son independentes! (retranca, amigo, retranca)

2 independecia cognac

Qué curioso que facedes sempre distinción de organismos, a U a CIG, sabendo de sobra que todo está centralizado e é o mesmo caides sempre na mesma distinción. Para que vexades o difícil que e sair do entramado de apariencia do totalitarismo. Cando falades de Forga outro tanto, utilizades o formalismo de siglas que vos dan para repetir o engano pola vosa boquiña. A U financia o xornal con seu entramado con cartos do estado, de algún incondicional, e algún iluso.

14 anpeca

Estou en contra dos monopolios da dereita como "La Voz de Galicia", polo que serán benvidos tanto os xornais que xa teñen demostrada a súa solvencia e compromiso como Galicia Confidencial, como os que o están empezando a demostralo día a día como Praza Pública, ou os que seguro aportan outra visión comprometida como Diovio ou Sermos Galiza. Por que non todos os lectores somos iguais, por que a esquerda e o nacionalismo é plural, por que queremos distintos puntos de vista, ... . Remato coa última frase deste artigo: "deséxolle a mellor das sortes a todos os proxectos que levan tempo na rede e os que acaban de nacer ou que botarán a andar nos próximos meses, enriquecendo o panorama mediático do país."

13 isabel

GC é demasiado "No grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista; aínda que os máis numerosos son militantes da UPG, como o propio Rego, ou da coalición deste partido, o máis forte no Bloque, con independentes, a Alternativa pola Unidade" . Contástelos ?? a min non me contádes co da UPG, e tamén son accionista. Se mordedes a lingua envenenádesvos.

1 Armando

Yo si que los conté y es una verdad como un mundo. Lo dice en su web grupo Promotor Manuel Mera, sindicalista. Presidente da Fundación Fesga (da CIG, militante del MGS, escisión de la U), Teresa Moure, escritora e Profesora da Universidade de Santiago (candidata de la APU en la última asemblea); Néstor Rego, profesor e presidente da Asociación Cultural O Galo (militante de la UPG y ex-de la CIG). Quieres que siga Isabel? Igual si leyeras antes de opinar ...

2 Atún Calvo

Dos promotores hai polo menos cinco directamente ligados co conglemerado CIG-MGS-UPG. É o que teñen as verdades como puños, que molestan, pero porque son certas.

12 Xanciño

Xa hai un xornal na Galiza como o Praza. Por que os da U non o apoian?. Porque montan o seu chiringuito?. Todos os que poidades apoiade ao Praza por independente e por plural.

1 Vigués

Praza é un medio dirixido por Filipe Díez, un señor que se adicou a botar KK do BNG sendo militante e logo anunciou a bombo e platillo que ía crera un novo partido de esquerdas. Bencomún, Ecogaleguistas, Praza é o mismo can con varios nomes. O único que lles importan e facerse un sitio politcamente.

2 Juanita

Xanciño, o grupo promotor de Sermos Galiza presentouse a principios de xullo de 2011. Daquela xa existía Praza? Quizais habería que preguntarse, como fas ti, por que estes non quixeron apoiar Sermos e montar o seu chiringuito, non? Aínda que eu, que non chego ao teu nivel de sectarismo, apoiarei por igual ambos os dous proxectos, que falta fan neste país.

3 Carlos A. Fidalgo

O único medio realmente independente neste país é o GC, e dende hai moitos anos. Demóstrano día a día, hoxe por exemplo co das festiñas de Dorribo para os Blancos de Lugo. Esa noticia non a leeredes en Praza, nin en Sermos nin no vello Xornal. Alí só se contan as miserias do PP. O meu apoio é para esta páxina. Gañouno a pulso.

11 eumateix

Por certo, nom fica muito bem esse anúncio de NCG ^^