Sermos Galiza nacerá en marzo e Dioivo este mes

O ex-edil do BNG Nestor Rego argumenta que Sermos nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/02/2012 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O diario dixital que promove o grupo de comunicación Sermos Galiza botará a andar o próximo mes, segundo adiantou un dos seus promotres, Néstor Rego, a Cuarto Poder.  Pola súa banda a data de lanzamento de Diovio, outro dixital en galego, prevese que sexa en torno a finais de febreiro.

None

Sermos: información independente só en "páxinas de escaso seguimento"

Rego, ex-concellal do BNG en Santiago, argumenta que o Sermos Galiza nace  "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica, que ficou reducida a páxinas de escaso seguimento".

En declaracións a Cuarto Poder o político nacionalista explica que contan contratar entre 8 e 10 redactores para un semanario en papel, cuxa data de lanzamento podería ser abril ou marzo.

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informa Periodista Digital citando ao propio Rego. O promotor destaca a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, como o sindicato nacionalista CIG, que suscribiron unha parte do accionarado.

No grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista; aínda que os máis numerosos son militantes da UPG, como o propio Rego, ou da coalición deste partido, o máis forte no Bloque, con independentes, a Alternativa pola Unidade.

Praza: na busca de modelos de financiamento

Pola súa banda, Marcos Pérez Pena, director de Praza Pública, explica en Cuarto Poder que o novo dixital querería pasar a ser de pago tras un tempo de transición até que o público vese normal pagar polos contidos impulsado polo progresivo cambio de política dos grandes medios. Polo de agora a nova cabeceira, estreada o 1 de febreiro, manterase a base de donativos e aportacións dos patronos dunha Fundación creada ad hoc.

Pérez Pena argumenta que "a oferta de determinados contidos na súa lingua [o galego] disminiu até case desaparecer" e critica o recorte das axudas da Xunta á prensa en galego.

Dioivo a punto de saír do forno

Para completar os movementos nos medios en galego, o 29 de febreiro está previsto o nacemento de Dioivo, "un proxecto que nace da vontade dun grupo de xornalistas desempregad@s da Galiza", explican os promotores, entre os que están ex-profesionais de Galicia Hoxe e Xornal de Galicia.

Tal e como e xa publicou este xornal, tamén hai outro proxecto xornalistico en cernes que estaría impulsado por  xornalistas do desaparecido Xornal de Galicia. O equipo de GC deséxalle a mellor das sortes a todos os proxectos que acaban de nacer ou que botarán a andar nos próximos meses, enriquecendo o panorama mediático do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

10 eumateix

Nom som da UPG nem a podo ver diante, mas bem vindo seja qualquer novo projeto informativo em galego, seja quem for a maioria dos accionistas. Concordo com que é umha pena nom se unirem todos, mas assim temos mais meios para contrastar (embora fosse preferível simplesmente dous e mais completos).

9 Black Crow

Osea, que el señorito Riego como no pudo ser consejero de cultura debido al gatillazo electoral, se resiste a volver al tajo y decide gastarse el dinero de los trabajadores en un pasquín a mayor gloria de Pacuchi. Qué vergüenza, mañana mismo me doy de baja en la CIGA. Por fortuna Alberto va imitar a doña Esperanza y les va a cortar el grifo a estos sindicalistas, y al final ni CIGA ni sermones ni paparruchas.

8 miguel

Todos os hipercríticos co Sermos Galiza, ou "sermóns" como vós dicides, tédelo moi doado: non poñades un can e non entredes nunca na web. Así, a vosa vida non se verá afectada por tan molesto sucedido. Estades moi enfermos, tanto odio non é bo.

1 Oxalá

Oxalá o fixesen, pero seguro que son os primeiros que entrarán a difamar anonimamente no xornal.

2 Teño que elixir xornal

Prezado Miguel: Tranquilo que ninguén vai poñer en perigo o teu alpiste.Só se trata de non entrar na rede, porque senón enttramos que credibilidade pode ter e quen lla da? Trátase de que poidamos confiar plenamente nos seus prntexamentos varios de tantos e tantos parecidos; porque o que máis mola é que de pronto aparecen xornais como fungos. Onde estaban todos estes accionistas que agora van dar sustento a tantos xornais cando A Nosa Terra, Galicia-Hoxe, A Peneira, Xornal Galicia, etc.,etc.,tiñan dificultades e non acudiron na súa axuda? Aí si que habia pluralidade...Nestes novos proxectos xa se verá; pero deixar que tiraran ao lixo tantos proxectos válidos e variados e agora sacar diñeiro debaixa das pedras debe ter algunha especial lecura que non alcanzo, polo de agora.

7 Andrea

Sermos Galiza será un novo fiasco dos grandes "xestores" que enxendra a UPG. Dame a risa esa xentiña coa súa mediocridade tumbando unha iniciativa tras outra, unhas por no seren controlables e outras por dirixilas á ruina total. ¡Vai panda!

1 deimos

Nena, tes un grave problema

6 Alucinado

Ala, a U xa ten o xoguete informativo.....Iso si, cos cartos da CIG que debe andar sobrada. Que pasa que tamén lle vai arrear pasta para a campaña das autonomicas?

1 Eu tamén alucino

Pois xa sabes, en vez de ladrar tanto, merca La Gaceta, El Mundo, La Coz, vota ao PP e de paso daslle unha doazón para que revaliden as Autonómicas.