Sermos Galiza nacerá en marzo e Dioivo este mes

O ex-edil do BNG Nestor Rego argumenta que Sermos nace "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica".

Por Galicia Confidencial | Santiago | 21/02/2012 | Actualizada ás 11:20

Comparte esta noticia

O diario dixital que promove o grupo de comunicación Sermos Galiza botará a andar o próximo mes, segundo adiantou un dos seus promotres, Néstor Rego, a Cuarto Poder.  Pola súa banda a data de lanzamento de Diovio, outro dixital en galego, prevese que sexa en torno a finais de febreiro.

None

Sermos: información independente só en "páxinas de escaso seguimento"

Rego, ex-concellal do BNG en Santiago, argumenta que o Sermos Galiza nace  "como reacción á situación progresiva de desaparición de medios en galego que deixou un espazo baleiro de información veraz, independente e crítica, que ficou reducida a páxinas de escaso seguimento".

En declaracións a Cuarto Poder o político nacionalista explica que contan contratar entre 8 e 10 redactores para un semanario en papel, cuxa data de lanzamento podería ser abril ou marzo.

Sermos Galiza constituíse cun capital de 320.000 euros, segundo informa Periodista Digital citando ao propio Rego. O promotor destaca a diversidade dos accionistas, uns 900 segundo a plataforma.

Para xuntar esta cantidade Sermos Galiza contou co apoio de organizacións da contorna nacionalista, como o sindicato nacionalista CIG, que suscribiron unha parte do accionarado.

No grupo promotor colaboran militantes e simpatizantes de varias tendencias da esquerda nacionalista; aínda que os máis numerosos son militantes da UPG, como o propio Rego, ou da coalición deste partido, o máis forte no Bloque, con independentes, a Alternativa pola Unidade.

Praza: na busca de modelos de financiamento

Pola súa banda, Marcos Pérez Pena, director de Praza Pública, explica en Cuarto Poder que o novo dixital querería pasar a ser de pago tras un tempo de transición até que o público vese normal pagar polos contidos impulsado polo progresivo cambio de política dos grandes medios. Polo de agora a nova cabeceira, estreada o 1 de febreiro, manterase a base de donativos e aportacións dos patronos dunha Fundación creada ad hoc.

Pérez Pena argumenta que "a oferta de determinados contidos na súa lingua [o galego] disminiu até case desaparecer" e critica o recorte das axudas da Xunta á prensa en galego.

Dioivo a punto de saír do forno

Para completar os movementos nos medios en galego, o 29 de febreiro está previsto o nacemento de Dioivo, "un proxecto que nace da vontade dun grupo de xornalistas desempregad@s da Galiza", explican os promotores, entre os que están ex-profesionais de Galicia Hoxe e Xornal de Galicia.

Tal e como e xa publicou este xornal, tamén hai outro proxecto xornalistico en cernes que estaría impulsado por  xornalistas do desaparecido Xornal de Galicia. O equipo de GC deséxalle a mellor das sortes a todos os proxectos que acaban de nacer ou que botarán a andar nos próximos meses, enriquecendo o panorama mediático do país.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

5 FEITOS

Como proe aos Castelans. Os xornais Castelans, dentro de pouco van a verse envoltos en saida de xornalistas. Feijoo, xa non tne cartos para toantos petos, ja,ja,ja. Os patriotas Galegos organizaronse despois das trapalladas dos Castelans. Adiante, a Sermos Galiza, e todos os Xornais que saian a rua na defensa do noso feito diferencial.

4 Santiago

Lo que no entiendo de estos del Bloque es que son como la vida de Bryan hasta en los periódicos. Los del Galicia Confidencial cobrando dinero por noticias, ahora se suman también los del plaza a este sistema porque no les debe ir muy bien con la recaudación y los de la UPG que dicen que van a contratar a 10 periodistas con 300.000 euros y, además, van a hacer un periodico en papel. ¿Y por que no se juntan todos?. Acabarían antes

1 Compostela_2

Parece que che molesta os xornais Galegos, ti tes pinta de mercar La Coz de Galicia tranquilo que non vos van sacar lectores. Ála!!!! a votarlle ao PP e de paso a rañala contra un carballo.

3 accionista

Imos ver, como é posible que se etiquete a SERMOS GALIZA como o xornal da UPG se forman parte del mais de 900 accionistas?. Calquera persoa pode ser accionista e polo tanto opinar e decidir dentro do proxecto, pola módica cantidade de 100 €. Parabens as/aos promotores e moita sorte.

1 Un xornalista fodido

O feito de que poidan ser accionista calquera non determina a súa linea editorial. Cales son os estatutos fundacionais e que condicións poñen á hora de tomar decisións? Quen vai conformar a súa linea ideolóxica? Van ser libres os redactores e director? Quen paga manda. Aquí que porcentaxe posúe o propio BNG e CiGA? Logo falamos de pluralismo.

2 Contertulio

Estache boa a navalla. Sermóns Galiza presumindo de independencia cando está financiado pola U cos cartos de todos, os de Praza Pública ( Renovar o BNG 2.0 e se non me fan caso cago na lareira) a ver si pillan cacho coa escisión e o PSOE a velas vir, que si que si no. Mentres, tropecentos millóns para La Voz. Resultado, en 2013 temos novo presidente da Xunta: Alfonso Rueda.

1 Manolodelaxe

Vai ser moito. Un xornal patrocinado pola CIG. Sermón Galiza vai ser outro xornal de marca branca da UPG, dado a imaxe de conservador, rancio e cubano-bolivariano do "terra e tempo" Auguro unha continua radicalización do Sermón Galiza, censurando a tódolos comentarios que critiquen a UPG, como no seu día fixeron o apoderarse e levar a quebra o GZNACION.