Suso de Toro ataca a La Voz e outros medios por cualificar de “terroristas” aos supostos líderes de Resistencia Galega

O escritor, afiliado ao BNG, critica duramente á algunha “prensa” polo tratamento das detencións de Antón García Matos, alias 'Toninho', e Asunción Losada Camba.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/06/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

Así cayó Resistencia Galega, el último grupo terrorista activo en España”, titulaba o pasado martes  o xornal La Voz de Galicia nunha ampla información. Nesa mesma información, criticaba duramente ao BNG despois de que a súa voceira nacional, Ana Pontón, pedira “moita cautela” sobre as detecións de Antón García Matos, alias 'Toninho, Asunción Losada Camba, Miguel García Nogales e Juan Manuel Sánchez pola súa vinculación con Resistencia Galega.

Suso de Toro con Ana Pontón e outros candidatos do BNG ao Congreso e ao Senado
Suso de Toro con Ana Pontón e outros candidatos do BNG ao Congreso e ao Senado | Fonte: EP

“Aunque no es la primera vez que desde las filas nacionalistas se critican las operaciones policiales contra Resistencia Galega y contra su entorno, lo cierto es que sorprende la postura del BNG tras las detenciones de los máximos dirigentes de la organización terrorista”, apuntaba o xornal coruñés. O tratamento que La Voz de Galicia lle deu ao caso foi semellante ao de outros medios tradicionais de dereitas, entre eles o ABC ou La Razón.

Por iso, e para facer fronte a esa visión informativa, Suso de Toro, escritor e militante do BNG, non tardou en respostar nun artigo publicado en El Diario titulado “Terroristas fantasmas”. Fíxoo o mesmo martes pola noite e comparando o tramento deses medios de comunicacion co tratamento informativo que se facía durante o franquismo das “organizacións antifranquistas calificadas como terroristas”.

RESISTENCIA GALEGA “UN FANTASMA”

“En el Reino de España, continuación del Estado fundado el 18 de Julio de 1936, la ciudadanía no goza realmente de ese derecho a una prensa independiente pues son mínimos los medios que intentan esa independencia”, suliñaba no seu artigo ao aludir ás detencións de Resistencia Galega. “Debe ser muy difícil y de mucho mérito desarticular un fantasma pues esa tal organización sigue siendo una presencia evanescente que aparece y desaparece a impulsos del gobierno de turno en Madrid”, engadía. “Imagino que quien la inventó debió de ser alguien que imaginó a Galicia bajo el tópico de las meigas y la Santa Compaña, la procesión de los fantasmas de la parroquia”, engadía.

E neste sentido, vinculaba este tipo de operacións policias coas “actuaciones de excepción” que se están dando en Catalunya ou Euskadi. “Otro rasgo de los Estados totalitarios es que, caso de no haberlo, necesitan crear sus propios terrorismos para justificar su propia naturaleza autoritaria íntima”, apuntaba.

BNG E ELECCIÓNS DO 2015

No seu artigo, Suso de Toro tamén foi moi crítico con Feijóo, “el amigo de narcotraficantes y conmilitante del recientemente detenido proxeneta Juan Pérez Miramontes”, por dicir que o BNG ten “proximidades ideológicas” co BNG, e vinculaba iso coa decisión da Audiencia Nacional de chamar a declarar ao secretario de organización do BNG en 2015 “por si hubiese relación alguna con la tal Resistencia Galega”.  De feito, o escritor galego foi máis lonxe na súa análise e vinculou esa citación cos malos resultados do Bloque neses comicios. “Esa citación y comparecencia se hizo en plena campaña electoral, ya pueden imaginar qué favor se le hacía a la organización soberanista galega que, efectivamente, aquel año perdió su representación en las Cortes”.

“No nos extrañe que la prensa califique de "terroristas" a personas detenidas sin que hayan sido juzgadas, reproduciendo lo que digan las policías pues la prensa en España, igual que la Justicia, el Ejército, las policías y la Administración, no rompió con el franquismo, lo continuó. Y la prensa verdaderamente profesional e independiente sigue siendo tan minoritaria como lo fue la oposición al franquismo”, concluía o seu artigo Suso de Toro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

5 Guindallas

Só catro Descerebrados ou Mercenariso Uniformados (e, polo tanto, de estómago agradecidos) o obvian: Audiencia Nacional herdeira do TOP Fascista.

4 NgUR

Es normal que los comunistas sean negacionistas. Dice una vieja experiencia popular que "un comunista nunca dice la verdad. Un comunista es un tío más falso que un duro de madera y va por detrás".

1 Sentidiño

1) Suso de Toro non é comunista. 2) Non existen as "viejas experiencias populares": iso que é? 3) Como sentenza, dito ou refrán, é unha parvada na que se pode substituír "comunista" por calquera outra palabra.

3 Galeguiña

Segundo unha nova publicada non hai moito tempo neste xornal, existe un video no que este tal Toñito, alenta a continuar coa loita armada. No caso de ser certo, iso supón que antes do devandito video, xa practicaba. amparaba ou promovía tal forma de activismo (sempre supostamente). Tamén implica que esa "loita armada" era algo que él ía seguir facendo, amparando ou promovendo (supostamente). Polo tanto, non sei que nome lle habería que dar ao que tal dí, pero o de terrorista non parece moi afastado da realidade.

2 Xancinho

Eu non entendo xa nada. Pero La Vox de Galicia non é o medio que está branqueando ao BNG para acabar coas mareas????. Pero, a ver, señores e señoras de La Voz, aclarense vostedes. Están cos que apoian aos "terroristas" ou non están. Iso de xogar a dúas bandas ten eses perigos. Que saian Susos de Toro tocandovos ben os co....llóns... Así que, Santiaguiño Rey e secuaces... Aguantade o que vós creades e alimentades.

1 contra los terroristas

Terrorista fantasma es este escritorucho por decir tonterías semejantes. Parece mentira que niegue la mayor. Estos pájaros que detuvieron el otro día son eso, basura terrorista. Y hay que decirlo alto y claro: TERRORISTAS. Bien por los de La Voz de Galicia por decirlo alto y claro no como otros que callan y son cómplices. Parece mentira que los del BNG apoyen a esta gentuza y que haya medios de comunicación que les den cobertura a ellos y a los terroristas.

1 José

Gentuza son as persoas que instrúen causas, xulgan e condean sen ter nen p. idea do que é a xustiza e tan só se limitan a repetir como loros papagaios o que vocean os medios afins ás cloacas