Calculan en 13.000 os postos de traballo que se crearán coas rebaixas de verán en Galicia

A empresa de recursos humanos Randstad calcula o aumento nun 10,7%, respecto a 2018.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/06/2019 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

As rebaixas de verán xerarán en Galicia preto de 13.250 contratos de traballo, un 10,7% máis que en 2018, segundo un estudo estudo realizado pola empresa de recursos humanos Randstad.

Rebaixas
Rebaixas | Fonte: EP.

Este ano sitúase como o sétimo de crecemento consecutivo, superando por primeira vez as 13.000 firmas. Isto supón un 7,6% máis que a media estatal e sitúa Galicia entre as autonomías de maior crecemento. Ademais, será un aumento do 217,3% respecto de 2009.

Pontevedra e A Coruña serán as provincias nas que máis crecerá a contratación en rebaixas con respecto ao ano anterior, un 11,4% en Pontevedra e un 10,9% na Coruña. En Ourense e Lugo os crecementos son máis moderados, un 8,1% e un 6,8% respectivamente.

Os sectores máis afectados polo aumento da actividade económica xerada serán o do transporte, a loxística e o do comercio, co electrónico como o máis demandado.

Os perfís máis requiridos son os de empaquetadores, carreteiros, mozos de almacén, transportistas, comerciais, profesionais de atención ao cliente e 'contact center'.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta