Arrinca o proxecto '3Caminos', a primeira serie de ficción internacional sobre o Camiño de Santiago

A idea resultou gañadora dunha subvención de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/06/2019 | Actualizada ás 13:17

Comparte esta noticia

A Catedral de Santiago foi testemuña este martes da presentación do proxecto '3Caminos', que se converterá na primeira serie de ficción internacional e transmedia que vira en torno ao Camiño de Santiago e ás vivencias "emocionais" ao redor da peregrinación.

Na presentación participou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que estivo acompañado do director da Agadic, Jacobo Sutil, os autores da idea orixinal, Mamen Quintas e Julio Casal, e o realizador galego Norberto López Amado, que codirigirá a serie co alemán Grego Schnitzler.

A maiores, tamén estiveron presentes os representantes dos socios internacionais deste proxecto, Ricardo Carbonero, de Amazon Prime Vídeo en España, e Christian Cockel, do grupo alemán Beta Films.

'3Caminos', que iniciará en breve a súa andaina coa idea de estar lista antes de 2021 da man da empresa compostelá Fucción Producións, narra as vivencias compartidas ao longo de tempo por cinco novos peregrinos doutros tantos países. A idea resultou gañadora dunha subvención de 1,5 millóns de euros por parte da Xunta como adxudicataria do concurso convocado para a creación dun audiovisual que difunda os valores do Camiño de face ao Xacobeo 21.

DISTRIBUCIÓN INTERNACIONAL

Durante a presentación, Román Rodríguez lembrou que grazas ás distribuidoras dos socios internacionais maioritarios, a cita chegará a 200 países, e precisou que tamén contará con coproductores en Italia, Corea do Sur, México e Chile.

Esta ficción, destacou, será unha "excelente plataforma" para o talento galego, xa que nela participarán máis de medio centenar de profesionais do sector audiovisual, así como actores galegos, confirmaron os seus responsables, aínda que aínda se están cadrando axendas.

Presentación en Santiago da serie de ficción '3Camiños'
Presentación en Santiago da serie de ficción '3Camiños' | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta