Galicia e Chile abordan oportunidades de negocio no sector aeroespacial

O III Foro Aeroespacial Chile-España céntrase en Compostela no sector de drones en "auxe", que se duplicará nos próximos anos.

Por GC Emprende | | 25/06/2019 | Actualizada ás 14:30

Comparte esta noticia

Galicia e Chile abordan oportunidades de negocio no sector aeroespacial, no que existe un ámbito "enorme" de colaboración en minaría, loita contra os incendios e salvamento marítimo, entre outros.

Este martes inaugurouse en Santiago de Compostela o III Foro Aeroespacial Chile-España, nunha cita coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde; o presidente da Fundación Chile-España, Emilio Gilolmo; e o coordinador de Banca Institucional de Afundación, Manuel Vilariño.

Alí, o conselleiro da Xunta de Galicia destacou as "pontes" existentes con Chile e as "oportunidades" que se abren coa aposta do Goberno galego cos drones no aeródromo de Rozas, en Castro de Rei.

Francisco Conde valora que tras "cinco ano de soño" co polo aeronáutico de Rozas, agora desenvolve máis de 35 proxectos de I+D+i e crea máis de 400 empregos, tras o impulso de empresas tractoras como Indra, Babcock e Boeing. Hai un investimento programado de 160 millóns ata 2020, dos que a metade están en execución.

"AUXE" DO SECTOR DE DRONES

Pola súa banda, o presidente da Fundación Chile-España, Emilio Gilolmo, destacou que Galicia "se converteu nun referente de primeiro nivel" na aeronáutica e fabricación de drones. Respecto diso, subliña o "auxe" do sector de drones no mundo, que move 6.000 millóns de dólares e prevese que "se duplique" nos próximos anos, aínda que existen retos como a normativa e o desenvolvemento tecnolóxico.

Emilio Gilolmo explica que o sector dos drones crece a un ritmo do 20% ao mes en Chile, con gran presenza no sector agrario para o uso contra pragas ou a rega. Tamén ten un uso cada vez maior, por exemplo, en vixilancia contra o narcotráfico. Pola súa banda, remarca que hai estimacións de que en España os drones suporán 1.200 millóns de euros no ano 2035.

Nesta liña, Gilolmo anima ás compañías do sector galego e español a que asistan á misión empresarial da Feira Internacional do Aire e do Espazo (Fidae), que se celebrará entre o 31 de marzo e 5 de abril en 2020.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Alien de Vigo

España e Chile, indubidablemente dous países líderes en aeronáutica. Producen a maior parte dos avións do mundo. Icluso fålase de que o paįs do norte de África vai comezar a construir naves es paciais que funcionan con esterco a andan á velocidade da luz.