A nova infraestrutura aumentará a capacidade de cálculo e almacenamento científico, o que permitirá que a comunidade científica galega e o CSIC avancen máis rapidamente na innovación e investigación.
O conselleiro de Educación coñece o funcionamento dos laboratorios de EnergyLab e o impacto das súas investigacións na transición enerxética.
InnovaTech FP dirixiuse a centros públicos de FP con dinámica de investigación, innovación e emprendimiento, e que contan con viveiros de empresas ou aulas de emprendimiento
A estratexia galega en intelixencia artificial inclúe catro eixos: desenvolvemento rexional, formación continua en IA, adopción estratéxica por parte de sectores públicos e privados, e investigación e innovación orientada á economía local.
Miguel Calvo é profesor no centro CIFP Ferrolterra e xunto cun colega, Carlos Pérez e a colaboración de alumnos e outras persoas deseñaron e crearon unha máquina para o lavado do grelo. A máquina foi presentada no Fpinnova 2024 mostrando innovacións como reciclaxe da auga, limpeza por aire e desinfección por luz ultravioleta. Está en fase experimental e quen queira dispoñer dela pode contactar co centro CIFP Ferrolterra para probala nos seus terreos.
O Nodo Galego de Ciberseguridade, Ciber.gal, consolidouse en 2023 como espazo de referencia para o ecosistema galego da seguridade de información, coa incorporación de 10 grandes empresas e a realización ou participación en todo tipo de iniciativas de concienciación, promoción do talento e do coñecemento e prestación de servizos.
O Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) presentará no Emobility Expo World Congress de Valencia, que se celebra entre o 13 e o 15 de febreiro, os seus últimos avances en mobilidade sustentable e autónoma, e ofrecerá a súa experiencia co Shuttle, un vehículo eléctrico sen condutor, con capacidade para 12 pasaxeiros, para a mobilidade de 'última milla'.
Esta plataforma nace á beira da revolución do ecommerce, pero é unha proposta que sorprende polo seu carácter novidoso.
Foi creado pola empresa galega Ticgal, especializada en solucións de tecnoloxía da información, para facilitar as tarefas de contestación rutineiras das preguntas que repetidamente lle facían os seus clientes. "A vantaxe da intelixencia artificial é, precisamente, que non hai esa fronteira entre linguas, eu creo que toda traballa en inglés e por detrás, ao mesmo tempo, vai facendo traducións ao idioma que ti lle digas", explica Óscar Beiro.
O premio da XXIX edición do 'Premio Rafael Hervada á Investigación Biomédica' recaeu no traballo 'Aplicacións da Intelixencia Artificial (IA) na medicina de vangarda usando a epixenómica' do profesor Manel Esteller Badosa, quen sinalou que as ferramentas de IA non deben "facer esquecer a humanización da medicina".
O proxecto europeo Fastcomet arrincou esta semana con socios de Bélxica, Francia e España. O catedrático Luis Liz Marzán, director do recén estreado Laboratorio de Nanomateriais Biomiméticos, apunta que será preciso que as nanopartículas se fabriquen "cunha pureza exquisita".
A actual Xunta de Galicia mudou as prioridades da Consellería de Economía e Industria. O Executivo galego está máis centrado en facilitar e axudar na tramitación de grandes proxectos industriais que en fomentar a innovación ou os centros mixtos de investigación entre universidades e empresas. Un feito que está provocando tensións na propia Xunta e que puxo en alerta xa aos principais grupos de investigación en Galicia.
Fará máis doado e áxil o acceso a documentación e información de relevancia, con especial interese para os autónomos rurais e as mulleres autónomas. Esta innovación tecnolóxica impulsada dende a Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense estase a presentar en diferentes concellos da provincia.
Dende Galicia Confidencial, e co gallo dun novo paso dos satélites de Starlink polo noso ceo, entrevistamos a Óscar Rodríguez, un mozo que vive nunha pequena aldea de Rois na que a conexión a Internet polos métodos tradicionais non é moi boa, polo que decidiu comprar a antena de Starlink.
Luis Otero González, catedrático da Área de Economía Financeira e Contabilidade da USC, aporta algúns datos sobre a introdución da intelixencia artificial no emprego. Un 47 % das profesións nos Estados Unidos teñen risco de automatización, fundamentalmente as relacionadas coa labor industrial e administrativa. Falando de habilidades, naquelas profesión como manager ou xestor nas que se require de escoita activa, atención directa e orixinalidade verían diminuído o seu risco de automatización ao 11 %.
Forzas Armadas, Ministerio de Defensa, Telefónica, Portos do Estado, empresas de loxística e de inspección ou mantemento de infraestruturas son algúns dos sectores que xa probaron as aplicacións da solución de Intelixencia Artificial (IA) para a seguridade das operacións con drons de FlastFly 2035.
Mañá abordarán o impacto da IA nas nosas vidas, en particular na saúde e no emprego, no marco do ciclo promovido pola Real Academia Galega de Ciencias 'Intelixencia Artificial. A electricidade do século XXI?'.
A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo pon en marcha o proxecto ‘Petíscame. Videopodcast sobre libros e ilustración con creadoras galegas'.
Trátase do primeiro tradutor neuronal multilingüe feito en Galicia, o primeiro recoñecedor de voz que entende o galego oral e o converte a texto e unha aplicación de síntese de voz que a partir dun texto é quen de ler en galego.
O concello está a despregar a fibra óptica para romper a 'fenda dixital' e facilitar o teletraballo, os estudos, as necesidades da veciñanza e a competitividade das empresas.
O luns 19 de abril comezaba a segunda fase da renovación das instalacións de alumeado, iluminación e sinalización exterior. Substituiranse un milleiro das luminarias totais coas que conta o concello.