Piden incluír a psicólogos e logopedas nas comisións para mellorar a Atención Primaria en Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/06/2019 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

Colectivos representados no Consello Técnico de Atención Primaria solicitan á Consellería de Sanidade que psicólogos e logopedas estean incluídos no traballo das comisións sectoriais que traballarán na reforma deste nivel asistencial.

En declaracións a Europa Press, en representación da plataforma SOS Sanidade Pública, Xosé María Dios comentou este mércores que nunha reunión celebrada na tarde deste martes en Santiago, sindicatos e asociacións, entre outros, puxeron en común aspectos para "encher de contido" estas comisións sectoriais, cuxa creación foi acordada polos membros do Consello Técnico o pasado 13 de xuño.

Os integrantes teñen de prazo ata este 27 de xuño para presentar as súas propostas de integrantes das comisións sectoriais, polo que procederon a remitilas, coa petición de incluír a psicólogos e logopedas, que na actualidade non están contemplados nos equipos de Atención Primaria. Xosé María Dios confía en que estes dous colectivos estean representados na "comisión multidisciplinar" no marco do Consello Técnico, da que, destacou, "sairá o novo modelo de Atención Primaria".

Deste xeito, esperan que se cumpran os prazos acordados coa Consellería de Sanidade, que ten previsto convocar unha nova reunión "na primeira quincena de xullo" para comezar o traballo destas comisións na que piden que estean representantes "de cada estamento de Atención Primaria". Respecto diso, lembraron que o "prazo de finalización" do seu labor sitúase en "tres meses" para contar con "un novo modelo en outubro". "A Administración está a cumprir cos prazos", valorou Xosé María Dios, quen lembrou, no entanto, que "se non se cumpra o negociado" non descartan a convocatoria de mobilizacións.

Exercicios dos logopedas
Exercicios dos logopedas | Fonte: clinicalagarena.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta