A xuízo dous acusados de obrigar a un home de 83 anos da Laracha a asinar un contrato no que lles cedía os seus bens

Estes eran valorados en 261.060 euros e os acusados enfróntase a tres anos e medio de prisión cada un por un delito de estafa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/06/2019 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A Audiencia Provincial da Coruña acolle este mércores, día 3 de xullo, o xuízo contra dous acusados de obrigar a un home de 83 anos da Laracha a asinar un contrato vitalicio polo que lles cedía todos os seus bens, valorados en 261.060 euros.

Segundo sinala a Fiscalía no seu escrito de acusación, o 21 de xaneiro de 2013 o home de 83 anos, ao que coidaba de forma habitual un dos acusados --con identidade J.R.R--, ingresou no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) cun cadro de descompensación da súa insuficiencia cardíaca.

O Ministerio público considera que "sabendo tal circunstancia" e "temendo que a enfermidade fose fatal", J.R.R. púxose de acordo co outro acusado, R.T.R., quen, na súa calidade de perito agrícola, redactou un contrato privado "para regular a cobertura privada da prestación de coidados na contorna familiar e asistencia personalizada".

Este documento supuña "un contrato vitalicio" polo que o home de 83 anos, que acabou falecendo no hospital, cedía ao 50% para ambos os acusados a totalidade dos seus bens mobles e inmobles, dereitos e accións, capital metálico e depósitos que puidesen existir no banco. O importe total deses bens era de 261.060 euros.

Respecto diso, a fiscalía considera que o agora falecido asinou o contrato --datado o 23 de xaneiro de 2013-- cando estaba ingresado no hospital polo que "non puido ser consciente do alcance e significación do acto negocial". O Ministerio público solicita tres anos e medio de cárcere para cada un dos acusados, aos que imputa un delito de estafa. Ademais, pide declarar a nulidade do contrato e que os bens se adxudiquen á Xunta de Galicia (ou á persoa ou entidade que finalmente acredite ser declarada herdeira do home). O caso procede do Xulgado de Instrución non1 de Carballo.

Os acusados enfróntanse a tres anos e medios de prisión por un delito de estafa
Os acusados enfróntanse a tres anos e medios de prisión por un delito de estafa | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta