Unanimidade na Cámara para pedirlle a Aena que manteña o comedor para traballadores do aeroporto de Santiago

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/07/2019 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

Os grupos con representación no Parlamento de Galicia aprobaron por unanimidade solicitar a Aena que introduza nos pregos de licitación do novo servizo de restauración do aeroporto de Lavacolla as cláusulas necesarias que garantan o mantemento dun servizo de comedor nas condicións vixentes para os traballadores.

O acordo, alcanzado por mor dunha proposición non de lei defendida polo BNG na Comisión de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, inclúe esixir á dirección de Aena en Santiago de Compostela que reciba á representación sindical dos empregados para que lles poidan trasladar as súas preocupacións.

Así mesmo, a iniciativa aprobada, da que informou a Cámara galega, pide apoiar as reivindicacións do Comité de Centros que reclama que se manteñan as condicións do servizo actualmente existente para todos os traballadores. Na comisión segunda que designou a Jacobo Moreira como novo vicepresidente, ademais, os grupos elixiron aos deputados que participarán no relatorio do Proxecto de Lei de Patrimonio Natural de Galicia.

En concreto, serán Gonzalo Trenor (titular) e Martín Fernández Prado (suplente) polo PPdeG; Antón Sánchez (titular) e Marcos Cal (suplente) polo Grupo de En Marea; Patricia Vilán (titular) e María Pierres (suplente) polo PSdeG; e Luís Bará (titular) e Xosé Luís Rivas, Mini, (suplente) polo BNG.

Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)
Nova Terminal De Lavacolla (Santiago de Compostela)

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta