En Marea pide unha OPE de enfermaría fronte ao contrato da Xunta "que resta dereitos"

Eva Solla presentou iniciativas no Parlamento de Galicia para que o Executivo publique unha OPE coa globalidade das prazas de enfermaría que se necesitan para dar un servizo "de calidade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2019 | Actualizada ás 11:39

Comparte esta noticia

A deputada de En Marea no Parlamento de Galicia Eva Solla pediu este sábado unha Oferta Pública de Emprego (OPE) de enfermaría "adaptada ás necesidades do servizo", polo que criticou o contrato anunciado polo Goberno galego que, ao seu xuízo, "resta dereitos".

Así, segundo sinalou En Marea nun comunicado, Solla presentou iniciativas no Parlamento de Galicia para que o Executivo autonómico publique unha OPE coa globalidade das prazas de enfermaría que se necesitan para dar un servizo "de calidade". Todo iso tras o anuncio da Xunta de contratos para enfermaría denominados "de persoal eventual de continuidade".

"En lugar de mellorar as condicións e ser realistas coas necesidades do Servizo Galego de Saúde (Sergas), a Xunta pretende seguir cubrindo con contratos precarios e nalgúns casos en fraude de lei, os postos de enfermaría dos hospitais e da Atención Primaria", criticou Eva Solla, quen engadiu que este contrato "é moitísimo peor" e "xa foi rexeitado" polos profesionais médicos, porque "resta varios dereitos fundamentais do colectivo".

Entre os recortes en materia de dereitos laborais o grupo parlamentario En Marea destacou o incremento de 37,5 horas a 48 horas o cómputo semanal, así como as xornadas obrigatorias de ata 31 horas ininterrompidas e no contrato de Atención Primaria "eleva o complemento de nocturnidade e festividade".

"Ademais, as carteleiras de traballo semanal iranse confeccionando en función das necesidades do servizo e o goce de permisos e vacacións será coordinado pola xerencia de xestión integrada", lamentou Solla, polo que sinalou que isto é "totalmente incompatible" con calquera posibilidade de conciliación da vida laboral e familiar.

A deputada de En Marea, Eva Solla.. EN MAREA
A deputada de En Marea, Eva Solla.. EN MAREA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Desfeita

Deputada de En Marea? A ver se se aclaran: https://www.lavozdegalicia.es/notic...

4 Roxalia

Ollen os "comentarios". Cada vez que sae algo relacionado con Eva Solla neste medio, saen os trolls do BNG a ladrar rabiosos e a amosar a súa misoxinia sectaria contra esta persoa baixo a escusa do que presuntamente cobra, algo que é falso. Esquecen os trolls do BNG que esta rapaza ten un oficio que exerceu e que volverá a exercer. Que oficio ten Pontón? Canto cobra? Tic, tac, tic, tac...

1 Riolo

Eu non son do BNG. Para min Pontona e Sollita son o mesmo. ¿Cómo que é falso que cobra 97.900 euros? É información oficial do Parlamento de Galicia.

2 Que si liberadiño

Falas de misoxinia e pasas a atacar a Pontón, rapaz, calculaches mal. Canto cobra entón Solla se non as cantidades que se di? Que oficio ten Eva Solla? Si que tes razón que o vai volver exercer pronto porque pouco lle queda como cargo publico de Pablemos ou como vos chamedes

3 RAMIRO DE YOLI

E que a Eva Solla e a Paula Quinteiro lles conten o tempo de deputadas como traballado no Sergas

2 Hai dubidas

Hai que estudar o tema pero Eva '9000 ao mes' Solla pretendía que o Sergas a mantivese nas listas por diante de traballadores que si acudían aos chamamentos mentres ela cobra do parlamento.

1 Riolo

97.917 euros trinca legalmente cada año Eva Solla. Viva el comunismo. http://www.parlamentodegalicia.es/s...

1 o Riolo sabe sabe

Quanto "trincam" os outros? Suponho que as razões polas que não gostas de Eva Solla são outras, porque se for polo soldo estarias nomeando os parlamentarios que máis cobam ou que cobram sem travalhar. O teu "comunismo" é irrelevante aquí, que viva se queres pero não enganes cá tua persoal perspectiva dos salarios.

2 Riolo

Lo cierto es que el único que gana más es Santalices, presidente del parlamento y que la mayoría de los parlamentarios gallegos ganan 30.000 euros menos. Además y sabemos que a los del PPSOE les gusta el capitalismo y están en política para forrarse. Pero no eran estos diferentes?