Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/07/2019 | Actualizada ás 14:30
Un total de catro persoas foron evacuadas polos servizos sanitarios de urxencia, unha delas en helicóptero medicalizado, tras resultar feridos ao chocar frontalmente os coches nos que viaxaban na estrada que une as localidades coruñesas de Malpica e Ponteceso.
O 112 Galicia tivo constancia do suceso ao redor das 11,45 horas deste sábado a través da chamada dun particular. Os feridos atopábanse liberados e accesibles, aínda que, debido á gravidade das lesións dun dos implicados, foi necesaria a súa evacuación a través da aeronave medicalizada. Os outros tres ocupantes foron trasladados en ambulancia ata o hospital.
Ademais do persoal sanitario, colaboraron no operativo o GES de Ponteceso e a Garda Civil de Tráfico. Os Bombeiros de Bergantiños, a Policía Local e os membros de Protección Civil tamén foron informados.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.