Piden 9 anos para o acusado de provocar lesións nun ollo á secretaria da confraría da Pobra

A fiscal tamén pide unha indemnización de 124.000 euros para a muller, que sofre secuelas de perda de visión e incapacidade parcial para a súa actividade profesional como administrativa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/07/2019 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

A Sección Sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago de Compostela, acollerá este venres, 12 de xullo, o xuízo contra o mariscador acusado de agredir a varias persoas na confraría da Pobra do Caramiñal en xuño de 2016, entre elas á secretaria á que provocou lesións nun ollo.

A fiscal pide para o acusado, S.G.S., nove anos de prisión, así como unha indemnización de 124.000 euros para a muller á que ocasionou danos no ollo que provocaron a perda de visión. Segundo o escrito da fiscal, o home presentouse "moi alterado" ás 14,15 horas do 15 de xuño de 2016 na confraría para ameazar ao vixiante con que ía ir a por el se non lle retiraba unha sanción administrativa de 500 euros.

O home empuxou ao vixiante e agrediuno con patadas, momento no que o biólogo do depósito, J.A.V.M, se interpuxo entre ambos e conseguiu levar o agresor ata a porta. Ao pensar que se tranquilizou, o biólogo soltouno e foi entón cando o procesado "se abalanzou novamente" sobre o gardapesca "lanzando unha puñada que lle rozou a parte inferior do beizo, pero que impactou no rostro da secretaria", que estaba presente na oficina e empezou a queixarse dunha forte dor no ollo dereito que sangraba "abundantemente".

Como consecuencia da agresión, a secretaria sufriu unha perforación no ollo por estalido do globo ocular, que necesitou tratamento cirúrxico e 329 días de curación. Ademais, conta con secuelas de perda de visión e con incapacidade parcial para a súa actividade profesional como administrativa.

Audiencia Provincial da Comunidade de Madrid, sala de xuízos.
Audiencia Provincial da Comunidade de Madrid, sala de xuízos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta