A Xunta destina un millón de euros a entidades sen ánimo de lucro que promovan a minaría

O Goberno galego terá en conta nesas axudas o fomento da investigación e a innovación en sistemas de explotación para a minaría sustentable.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/07/2019 | Actualizada ás 19:45

Comparte esta noticia

O paquete de axudas dun total dun millón de euros dirixido ás entidades sen ánimo de lucro que promovan a minaría sustentable foi publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG) este mércores, segundo informou a Xunta nun comunicado.

Desta maneira, a Administración autonómica abriu o prazo para solicitar os fondos desta medida e os interesados poderán inscribirse ata o próximo 2 de agosto e recibir un máximo de 100.000 euros por proxecto.

A iniciativa está destinada, sobre todo, a universidades, colexios profesionais de enxeñeiros de minas, enxeñeiros técnicos de minas e xeólogos que apoien accións para mellorar prácticas preventivas e ambientais do sector.

Ademais, o Goberno galego explicou que tamén se terá en conta o fomento da investigación e a innovación en sistemas de explotación por parte das entidades. Así mesmo, as accións que promovan a transferencia de coñecemento e un aproveitamento racional e eficiente dos recursos poderían contar con esta axuda.

En definitiva, a Xunta primará "as actuacións que aposten pola sustentabilidade e que destaquen pola súa calidade técnica e a súa responsabilidade social corporativa".

Balsas mineiras na zona de explotación de áridos en Monte Neme, entre Carballo e Malpica (A Coruña). SALVEMOS A CABANA
Balsas mineiras na zona de explotación de áridos en Monte Neme, entre Carballo e Malpica (A Coruña). SALVEMOS A CABANA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta