Vigalicia propón aos grupos da Cámara unha Lei de Vida Independente de Galicia

Critica os "titubeos" da Xunta sobre Asistencia Persoal

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/07/2019 | Actualizada ás 11:06

Comparte esta noticia

A Oficina de Vida Independente, Vigalicia, propuxo aos grupos do Parlamento de Galicia a posta en marcha dunha Lei de Vida Independente de Galicia que sirva de recurso social "capaz de resolver eficientemente situacións do escenario social inmediato" da Comunidade.

Diso informou Vigalicia nun comunicado, no que asegura que os representantes políticos coñeceron da man dos usuarios directos do sistema de Asistencia Persoal o "limitado desenvolvemento" deste recurso e os "titubeos" cos que a Xunta manexa desde 2007 "unha ferramenta de vangarda social" pero "con insuficiencia de miras e desinterese respecto dos estándares europeos e das observacións do Comité de Nacións Unidas", censura Vigalicia. E é que Vigalicia, asegura que as "debilidades deturpan o modelo substancialmente" ata convertelo "en pouco menos que un recurso testemuñal e insuficiente".

A Oficina de Vida Independente indicou que, nas reunións mantidas a pasada semana, tanto o Grupo parlamentario popular, como o PSOE, En Marea e o Grupo Mixo "conviñeron de distinta forma pero con igual convencemento na necesidade de mellorar o sistema de Asistencia Persoal" como "o recurso social inescusable que é para a vida independente das persoas con diversidade funcional".

"Máis de 10 anos despois da súa instauración, mediando distintas proposicións non de lei promulgadas polo Parlamento de Galicia e aprobadas por unanimidade, a Cámara galega puido reparar en que aquela pretensión non foi tomada en consideración polos gobernos da Xunta", sinala a entidade.

Por iso, Vigalicia entende que unha lei con este calado e de proxección futura debe ser impulsada e sostida por todo o Parlamento de Galicia e aceptada pola Xunta como recurso social que é capaz de resolver eficientemente situacións do escenario social inmediato de Galicia.

Representantes de Vigalicia se reúen con deputadas do PP no Parlamento de Galicia. VIGALICIA
Representantes de Vigalicia se reúen con deputadas do PP no Parlamento de Galicia. VIGALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta