Artigos de Juan Carlos Piñeiro

Metaverso

Imos xogar a anticipar o futuro, como aquelas persoas de aldea que predicían o que ía pasar e che pedían, como pago, a vontade.

Renovar os votos

Ás portas do 25 de xullo, cada ano, fago unha reflexión, cal é a mellor forma de sentirse un patriota galego? E cada ano contéstome o mesmo: non existe unha mellor forma, todas son boas, sentir Galicia non é unha filosofía que se poda modular ou poñer baixo unha regra. Sentirse patriota de Galicia é unha acción de cada quen, como cada quen escolla, sen imposicións. Si o sentimento e verdadeiro e a saudade é limpa.

O proceso do aplauso

5 son as veces que Feijoo vai ser presidente do seu partido, o Partido Popular de Galicia. 20 anos de liderado, nas filas conservadoras en Galicia.

56.000 millóns de euros

Esta é a cifra que recada o Estado cada ano do automóbil, en impostos directos e indirectos. Somos o cuarto Estado europeo en recadación de este sector, porén cómpre lembrar que na calidade de vida ocupamos o discreto posto 13.

4 de cada 10

4 de cada 10, é o número de persoas de entre 14 e 15 anos que non teñen aptitudes para desenvolverse en galego. O 25%, é un numero socialmente vergoñento, e para nada aceptable como sociedade e como País. O galego é o mellor expoñente da nosa identidade e da nosa realidade nacional. O 70 % da mocidade galega asume que o castelán é o seu vehículo de relación co seu entorno, esta si é para min a cifra preocupante, un grande precipicio.

La Tuerka

Asistimos, eu con preocupación, a unha sorte de manifestacións sobre a prensa e a liberdade do Vicepresidente do Goberno de España en sede lexislativa. Que non son, cando menos, para estar en parámetros democráticos europeos. A semántica é chave para entender que non se está a falar de mellorar unha situación ou sequera de regular unha acción do goberno.

Inflamación catalá

O día 14 de febreiro, os habitantes de Cataluña fan efectivo o seu dereito a voto. En plena pandemia e vaga de contaxios son obrigados a votar polo Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña. Poden iso si escoller nun amplo abano de partidos políticos. Cómpre lembrar que esta convocatoria foi efectiva pola inhabilitación do Presidente Torra por uns lazos amarelos, spain is diferent.

AP-9, a solución do País?

Todo o mundo se auto agasalla os parabéns, no ecosistema político galego, polo comezo do debate da transferencia da AP-9 no Congreso.