Artigos de Juan Carlos Piñeiro

Moeda de cambio: Pesca galega?

Eran aqueles tempos en que todos coñecemos a famosa “prima de risco”, ese sistema macroeconómico do estado para financiarse, cando un triunfante pero gris Zapatero anunciou que China invertía 9.000 millóns de euros en salvar a España do rescate. O que se esqueceu de contar era o motivo de que China fose tan xenerosa, supoño que non polas dotes de Zapatero, pero imos vendo. Hoxe parece ser que a potencia asiática ten o 20% da nosa débeda soberana.

E si pasa?

A política e o mapa de partidos en Galicia é o que é, e podo dicir con coñecemento de causa que é moi complicado. Ven sendo un ecosistema propio que en nada se parece o do resto da meseta, nin sequera o do resto de nacións; Euskadi ou Catalunya. Os parámetros políticos galegos cambian con cada elección, aínda que pareza que todo segue igual

Ataques de dignidade

Ás veces escoitar a Pablo Iglesias prodúceme un certo vertixe, e lémbrame ós comezos da política de moitos e moitas nas organizacións xuvenís dos partidos, non digo que os discursos sexan malos nelas, pero os tics e formas son os que son nas canteiras das formacións políticas. O problema reside en que Pablo Iglesias non está nun debate de asociación xuvenil, está ca cámara lexislativa do estado.

Green New Deal Galego

Son xa demasiados os síntomas e as realidades que fan ver que a política industrial e de grandes empresas de produción está esgotada en Galicia. Os casos de Alcoa, Ferroatlántica, Navantia, Vulcano, os problemas de ENCE... son a mostra evidente da falta de planificación e da falta de estratexia do goberno galego.

Espellismo

Non se pode negar que o 26M foi unha sorpresa para moitos, empezando polo PPdG que non contaba o enorme golpe á súas aspiracións metropolitanas, fixo unha aposta de nomes para as cidades e saíulle mal, e por riba pode ser a primeira vez que non goberne ningunha das deputacións, moi significativo. Aínda que penso que Ourense está salvada.

Capacidade e realidade

Un dos mensaxes políticos máis usados na eleccións municipais, por todos nisto con consenso, é que son as máis bonitas por ser as máis próximas á cidadanía e ós problemas da xente. É certo que son a administración do trato directo, os concellos teñen esa función. Porén, os parlamentarios galegos xa son unha especie máis difícil de observar polo común dos galegos, pero aínda así soen ter unha axenda de traballo próxima á Galicia e ó territorio.

Estrelas de mar

Teño comprobado que na política galega existe unha seria teima na configuración de actores propios galegos, case un complexo e un dogma de fe. A teima é relativa á creación dunha forza única galeguista e nacionalista, unha casa común, iso é puro existencialismo e distanciarse da realidade social de Galicia.

Roga galega 28A

Parece ser que polo de agora a 22 de febreiro, todos están contentos co seu traballo e a súa acción política na defensa de Galicia. Mais seguro que, quen máis contentos están son o PSOE e o PP.