Artigos de Juan Carlos Piñeiro

182.2 da Constitución e Alcoa

O modelo produtivo de Galicia está hoxe de novo en cuestión, mais a realidade é que este modelo non existe e como proba e a recente nova sobre Alcoa na súa factoría de Coruña, recente pero non por iso novidosa. Cada final de ano, dende os EEUU, mandan unha mensaxe lobbista de peche, ou ERE ou de liquidación das factorías alumineiras asentadas en Galicia pero que tributan en Madrid.

Bailemos un Valls

Iso foi o que lle dixo Albert Rivera a Arrimadas cando se veu na obriga de aplicar en Barcelona a consigna mandada polo grupo ALDE para ir ás claras á influenza política nunha cidade referente no continente.

Alguén virá que bo me fará

E moita a mitoloxía e a tradición que fala de guerreiros que vencen batallas despois de mortos, sen ir máis lonxe a batalla de Alcocer disque foi vencida polo Cid xa morto.

Cidades sen rumbo

Hoxe é díficil saber se Galicia é un País urbán ou rural. Na concepción típica do noso pensamento estamos por opinar que somos unha sociedade de asentamento rural. Mais na realidade, a aplicación das políticas conservadoras e apoucadas de Feijoo mudou esa realidade nunha sorte de sete cidades e areas metropolitanas moi poboadas e relación ó rural.

Inicio do curso político

Sendos anuncios de actos de inicio o curso político en septembro, alegran a vida dos galegos e galegas. Como se en agosto parasen. Mais é moi significativo da forma de facer política dos partidos en Galicia, escenifican o inicio de actividades políticas rendindo pleitesía ás súas casas madre no Estado.

Gaña Segismundo, perde Galicia

O conflito social de Sargadelos xa tiña vencedor antes de iniciarse, ese gañador é Segismundo García, o señor “Consejero Delegado” como lle gusta nomearse. Pode parecer que a súa estratexia responde a un quentón como xerente, mais estou seguro de que todo está metricamente estipulado e estudado cun único fin, rematar cos dereitos laborais en Sargadelos e buscar apoucar ó plantel para garantirse unha paz social e seguir incumprindo os 262 preceptos legais, que el mesmo presume de non cumprir, gran empresario e respectuoso coa legalidade vixente, si señor! e coa competencia dos empresarios e autónomos que cumpren mes a mes con sacrificio.

Camiño das eleccións en Galicia, no 2019?

Ollo, pode que de forma natural as eleccións Galegas coincidan coas municipais e europeas de 2019. Os acontecementos da política estatal en relación coa extraordinaria capacidade formativa de Casado e a súa facilidade de intelecto para acurtar no tempo o que ó común dos humáns lle leva moitos anos, a súa tan potenciada formación académica, pode acabar nunha sorte de dominó que leve ó PP a ter que mirar cara un líder que consideran solvente, un Presidente chamado Feijoo. Nesa hipotética solución o “compromiso” de Feijoo con Galicia pode resolverse con unha convocatoria electoral para colocar o seu delfín en Galicia e librarse da súa propia conxura.

O alcalde de alcaldes

Quero pensar que foi un exceso de micro, un quentón do momento, pero sei que non. Por desgraza é a liña de traballo do Sr. Caballero, un populismo chic misturado con unha alta dose de localismo.