Artigos de Juan Carlos Piñeiro

O alcalde de alcaldes

Quero pensar que foi un exceso de micro, un quentón do momento, pero sei que non. Por desgraza é a liña de traballo do Sr. Caballero, un populismo chic misturado con unha alta dose de localismo.

A nova oportunidade da política agraria en Galicia

Existe un órgano chamado Consello Agrario Galego, regulado na Lei 1/2006, de 5 de xuño. Na teoría é un grupo de traballo para definir as políticas agrarias de Galicia, aínda que estou seguro que moitos nin sequera sabedes que existe. É de sobra coñecido que a política agraria ven xa marcada pola PAC, sabendo que a política agraria común supón un 40% do orzamento da Unión, a creación do Consello Agrario Galego responde a unha estratexia de captación efectiva de fondos comúns.

Madrid o burato negro

Madrid absorbe como un burato negro parte do potencial de crecemento de Galicia. É difícil explicar isto sen caer nunha certa tendencia a converter o discurso nun dogma. Mais é unha realidade que frea moito o crecemento de Galicia e a capacidade de xerar sinerxías de crecemento.

Galicia, banco de probas

As sucursais galegas dos partidos do estado, fai tempo que veñen probando en Galicia experimentos de accións políticas que despois, se son produtivos, poñen en valor nas eleccións estatais. Usan Galicia como banco de probas, case como se fósemos un túnel do vento. Un banco de probas non é máis que unha plataforma de experimentación de proxectos de grande desenvolvemento, así é como ven e usan a Galicia.

Posta a disposición

Menos mal que o Secretario Xeral do PSOE Galego, digo PSOE e non PSdG por que a parte galeguista xa faia moito que a desbotaron, puxo toda a capacidade de cadros ó servizo do Presidente Sánchez. Menos mal... porque case non da formado goberno se non fose polas amplas e importantes incorporacións procedentes de Galicia, que como todos sabemos son ningunha.

Por alí resolla

A tradición galega da pesca de balea, fai anos que desapareceu, a última baleeira estaba de feito en Morás(Xove) mais coido que algo de habilidade temos en Galicia para ver as cousas dende lonxe, como facían aqueles galegos encargados de divisar os cetáceos.

Fichamos?

Están na Havana un tanto preocupados, a familia Castro ten orixe en Láncara e saben que tarde ou cedo o “partido” laranxa vai facer unha proposta a Raúl Castro para ser o candidato, ademais en Láncara poden ser decisivos, nada está despexado.

O PSOE é o avó de Montoro

Canta realidade manexan os manuais de comunicación, unha mentira repetida moitas veces ó final parace case verdade, tan verdade que os mesmos mintireiros a cren. Iso é o que ben acontecendo dende un tempo a esta parte co municipalismo do PSOE. Pensan que son a esencia do municipalismo, incluso alcaldes do PSOE o levan tan interiorizado que dín que son municipalistas. Pois non é certo, non o son, esa é unha das súas grandes MENTIRAS.