Artigos de Serxio María

E despois disto, qué?

Antes de que comece a ler esta breve reflexión, quero deixarlle claro que non paga a pena que lea este artigo se procura información sobre a situación que atravesamos, mesmo se o seu obxectivo é coñecer que pasará “epidemiolóxicamente” o día despois de que os poderes públicos estimen que isto xa pasou.

A ruleta galega, cooperación e competición

Unha vez máis Feijóo lanzou a bola na ruleta da imprevisibilidade, mentres a boliña viraba no fulgor acompasado dunha oposición máis fragmentada que nunca. O político dos Peares continuaba observando o xogo dende o seu cómodo sillón de coiro en Monte Pío. Na mesma escena Rueda e Diego Calvo, sostiñan o chaquetón e o paraugas do presidente, mentres Baltar observaba a xogada coa prudencia de quen sabe apostar as súa fichas ao cabalo gañador. E sí, a ruleta frenou en seco no número 5 de abril, e a oposición perdeu case tódalas fichas.

Exculpatio a Piñeiro

Se tivera que definir o nosa década, definiríaa como a década do youtube. Cando alguén quere saber máis sobre un tema acode pronto ao youtube, tanto ten se o obxecto da investigación é un filósofo ou un concepto médico, unha dúbida económica ou un está aburrido e quere matar as horas. Youtube é un verdadeiro mundo social virtual, no que a xente volca contido de toda forma e tipo. Dende os youtubers de hoxe aos vellos arquivos históricos, en forma de video que son proba gráfica do devalar dos tempos e das xentes.

Cara unha nova cultura política galega

Galicia enfrontará nuns meses unas novas eleccións. Partindo do resultado das xerais podemos albiscar xa que as forzas propias do país serán minoritarias no novo parlamento que se configure.

Por unha cidadanía galega exercente

Das últimas eleccións, que tiveron lugar o pasado dez de novembro deste ano 2019 pódense tirar moitas conclusións.

Galiza, cousa distinta

Se cadra hoxe o máis facil, ou o que nos pide o corpo e a cabeza a tódolos galeguistas, nacionalistas e patriotas de toda caste e forma é pedir o voto para a única candidatura galega que se presenta a estas eleccións xerais.
Serxio María Rodríguez Naceu en Ourense hai 22 anos. Actualmente estuda Dereito e Ciencias Políticas na USC. Interesado nos eidos da Teoría Política, os sistemas de partidos e o dereito constitucional, así como os distintos procesos políticos que ocorren en todo o mundo e especialmente en Galicia e Europa. Identificado cunha liña de pensamento galeguista, foi fundador en 2018 da asociación de estudantes Irmandade Galega Universitaria, de orientación nacionalista, da que actualmente é vicepresidente e representante no claustro da USC.