Artigos de Mar Lopes

O MNG apoia a folga do 19 de abril

A Mocidade Nacionalista Galega (MNG), corrente xuvenil referente de +Galiza, quere facer público o seu rotundo apoio á folga estudantil no ensino medio que terá lugar o vindeiro xoves 19 de abril de 2012.

As responsabilidades do Valedor

Desde a Responsabilidade Nacional de Lingua da MNG (Mocidade Nacionalista Galega) non podemos máis que apoiar firmemente cada unha das campañas xurdidas nestes últimos días para esixir ao Valedor do Pobo que retire o ditame, elaborado por esta institución, que pretende instar a Educación a actuar e suprimir dos centros educativos de Galiza un libro de texto de 5º de Primaria da materia de Coñecemento do Medio por asegurar que “o galego é a lingua propia de Galicia” ou por indicar que este idioma é oficial no territorio galego.

Actuemos!

Hai xa uns meses que a polémica e a malparada Marta, que participou como concursante no programa nacional chamado Gran Hermano, pronunciaba as súas escabrosas opinións sobre o idioma da Galiza, o galego.
María do Mar Lopes González Diplomada en Maxisterio, especialidade en inglés. Actualmente estuda Lingua e Literatura Galegas na USC. É Presidenta da “Asociación Cultural Garipano”, colectivo que traballa na defensa da identidade, da lingua e da cultura galegas realizando campañas para a concienciación da sociedade. Participa en diferentes colectivos, plataformas e iniciativas: “Queremos Galego”, “A Mesa pola Normalización Lingüística”, “Galiza co Galego”.